Inicio Destacado Manuel Baltar aposta por unha “alianza supracontinental” para promover o termalismo europeo...

Manuel Baltar aposta por unha “alianza supracontinental” para promover o termalismo europeo no mercado dos Estados Unidos

O presidente da Deputación de Ourense presidiu hoxe a primeira reunión do novo Comité Executivo da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), logo da súa reelección por unanimidade como máximo representante da entidade para o mandato 2022-2026

Baltar referiuse á a reunión internacional prevista na cidade norteamericana de Saratoga Springs (Nova York), aprazada pola pandemia e “que nos permitirá presentar ao público americano a nosa experiencia, as bondades do termalismo segundo a tradición europea e produtos turísticos que revelarán as posibilidades terapéuticas e de benestar das nosas augas e balnearios”

O termalismo, salientou, revélase como un recurso para o benestar, ademais de turístico, “polo que en tempos de pospandemia ten que recobrar a súa presenza e relevancia, un obxectivo no que traballamos todas as administracións que conformamos a asociación”

Leer más:   Pablo Pérez supervisa a creación e humanización dun aparcadoiro en Parada de Sil, dentro do Plan Hurbe

Ourense, 30 de maio de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu hoxe a primeira reunión do novo Comité Executivo da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), logo da asemblea xeral celebrada o pasado 5 de maio na localidade catalana de Caldes de Montbui e na que foi reelixido por unanimidade como máximo representante da entidade termal para un novo mandato que, por primeira vez en la historia de la asociación, terá unha vixencia de catro anos (2022-2026).

Manuel Baltar trasladou á dirección da EHTTA os avances que se están a conseguir para consolidar “o termalismo como un eixo estratéxico de desenvolvemento”, aproveitando as sinerxías que xera a colaboración público-privada e maila condición da asociación como Itinerario Cultural do Consello de Europa. Non obstante destacou a súa aposta por unha “alianza supracontinental” para promover o termalismo europeo no mercado dos Estados Unidos, iniciativa para a contarán co apoio da European Travel Commission.

Leer más:   La tortilla de patatas que bate récords en Xinzo de Limia

O presidente da EHTTA lembrou así a reunión internacional prevista na cidade norteamericana de Saratoga Springs, localidade pertencente ao estado de Nova York e cunha gran tradición na cultura da saúde e o benestar. Un encontro, aprazado no seu momento pola pandemia, “que nos permitirá presentar ao público americano a nosa experiencia, as bondades do termalismo segundo a tradición europea e produtos turísticos que revelarán as posibilidades terapéuticas e de benestar das nosas augas e dos nosos balnearios”.

Neste contexto, para Manuel Baltar a palabra máxica é “saúde”. O termalismo, salientou, revélase como un recurso para o benestar, ademais de turístico, “polo que en tempos de pospandemia ten que recobrar a súa presenza e relevancia, un obxectivo no que traballamos todas as administracións que conformamos a asociación. “Estamos absolutamente convencidos das posibilidades do termalismo”, dixo, salientando nesta liña o papel fundamental que xoga a EHTTA como a asociación “máis importante desde o punto de vista da administración pública que existe no mundo en torno á auga termal e ás súas propiedades mineromedicinais”.

Leer más:   Manuel Baltar cualifica como “falta de consideración” o silencio do Goberno fronte á petición da FEMP de abordar a xestión dos fondos europeos

Entre outros puntos do día da reunión desta mañá, avanzouse nos detalles de preparación do Congreso Internacional de Turismo Termal, que se celebrará en Ourense o 28 e 29 de setembro deste ano, ademais de abordar a entrada na EHTTA da cidade ucraína de Truskavets.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación de Ourense e a Ruta do Viño de Valdeorras porán en valor as covas que funcionaban como adegas tradicionais
Artículo siguienteA Deputación aposta polo apoio á creación literaria e a internacionalización da lingua galega coas bolsas para estadías no exterior de creadores ourensáns
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.