Inicio Destacado A Deputación aposta polo apoio á creación literaria e a internacionalización da...

A Deputación aposta polo apoio á creación literaria e a internacionalización da lingua galega coas bolsas para estadías no exterior de creadores ourensáns

Estas bolsas, impulsadas pola Deputación xunto á Residencia Literaria 1863, están pensadas “para fomentar a experiencia literaria dos creadores ourensáns, vivindo unha experiencia plena de creatividade en residencias literarias de distintos países europeos”, explica o vicepresidente segundo César Fernández

As bolsas presentadas esta mañá no Pazo Provincial buscan fomentar a creación literaria e o perfil internacional dos autores da provincia, facilitando a súa estadía no mes de agosto en espazos rurais de Polonia e Islandia, e en áreas urbanas de Croacia e Turquía. Tamén impúlsase unha quinta bolsa nunha residencia literaria de Almería, na segunda quincena de agosto

“O apoio á creatividade, a cultura, a defensa da nosa lingua e da nosa identidade é unha das liñas políticas fundamentais da institución provincial”, salientou o vicepresidente segundo da Deputación

A directora da Residencia Literaria 1863, a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, resaltou a aposta da Deputación de Ourense por “cambiar o paradigma, apoiando a creación literaria antes da publicación da obra, e non despois, como é habitual, facilitando o espazo, tempo e condicións” para os creadores ourensáns en lingua galega

Leer más:   Intensifican las operaciones contra las narcolanchas en Galicia

Ourense, 30 de maio de 2022.- A Deputación de Ourense presentou esta mañá as bases das bolsas no exterior para escritores ourensáns impulsadas en colaboración coa Residencia Literaria 1863. Na presentación interviron o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e a directora da Residencia Literaria 1863, a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño.

Estas bolsas están pensadas “para autores nacidos en Ourense, ou que teñan residencia na provincia e que de algún xeito fomenten a súa experiencia literaria, vivindo unha experiencia plena de creatividade en diferentes residencias literarias de distintos países”, explicou César Fernández. O vicepresidente segundo tamén salientou que outro dos obxectivos con esta iniciativa é “fomentar a actividade cultural dos autores ourensáns que realicen as súas obras en lingua galega”.

“O apoio á creatividade, a cultura, a defensa da  nosa lingua e da nosa identidade é unha das liñas políticas fundamentais da institución provincial”, reivindicou o vicepresidente segundo da Deputación, que aproveitou esta presentación para agradecer a Yolanda Castaño que decidise contar coa Deputación de Ourense para levar a cabo o proxecto.

Leer más:   O vicepresidente Rosendo Fernández asistiu á celebración do patrón da Policía Nacional

Pola súa banda, Yolanda Castaño celebrou a iniciativa da Deputación de Ourense, realizando “un cambio de paradigma, realizando o apoio á creación literaria antes da publicación da obra, e non despois, coma é habitual, facilitando o espazo, tempo e condicións para que os autores ourensáns podan desenvolver a súa obra en condicións de excelencia en ámbitos inspiradores”. Castaño tamén quixo subliñar a “internacionalización das letras” que está a realizar a institución da Deputación de Ourense.

Unhas bolsas para fomentar o crecemento persoal e a reflexión artística.

As bolsas presentadas esta mañá no Pazo Provincial buscan fomentar a creación literaria e o perfil internacional dos autores da provincia, facilitando a súa estadía durante todo o mes de agosto en espazos rurais do norte de Polonia -na Fundación czAR(T) Krzywogonca- e no suroeste de Islandia -Centro para a Creatividade Gullkistan-, e en áreas urbanas de Croacia -na Residencia Marko Marulic da Asociación Kurs, en Split- e Turquía -na Casa dos Escritores de Nilüfer-. Ademais, esta bolsa ofrece tamén a oportunidade, de desfrutar durante a segunda metade do mes de xullo dunha estadía de quince días na Fundación Valparaíso, nas afóras de Mojácar (Almería).

Leer más:   A Deputación felicita a Roberto Verino polo seu ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes

Estas bolsas, que serán coordinadas polo centro Residencia Literaria 1863, serán adxudicadas baixo o modelo de concorrencia competitiva a cinco creadores. As persoas interesadas en participar nesta axuda, deberán ser residentes ou haber nacido na provincia de Ourense, e achegar unha memoria do proxecto que se quere desenvolver, un currículo, unha mostra dos traballos anteriores, para que o xurado poda avaliar a calidade literaria e unha carta de motivación. O comité de avaliación reunirase a partir do 15 de xuño, data na que remata o prazo para solicitar a bolsa e a finais dese mes o comité de avaliación dará a coñecer o nome das persoas que recibiran a bolsa.

As bases xa están dispoñibles na web da Deputación de Ourense.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar aposta por unha “alianza supracontinental” para promover o termalismo europeo no mercado dos Estados Unidos
Artículo siguienteLa Justicia confirma la titularidad pública de las Termas de A Chavasqueira, en Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.