Inicio Destacado A Deputación colabora na celebración dos 50 anos do Pabellón CF

A Deputación colabora na celebración dos 50 anos do Pabellón CF

Ourense, 31 de maio de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde no Centro Comercial Ponte Vella na presentación dos actos organizados polo Pabellón CF no seu 50 aniversario, nos que colabora a institución provincial.

Na programación destaca a celebración do torneo U-18 “Ourense, a Provincia Termal”, que enfrontará no campo de fútbol Miguel Ángel ao Pabellón CF co Real Madrid, Oporto, Valencia, Deportivo e Celta. Ademais, tamén está programado o campus de verán da Fundación Celta; as Xornadas 2022 de Fútbol Ourense -coa presenza de Rubén Albés, Félix Fernández Cao e Miguel Alonso- e o torneo alevín “Ourense, a Provincia Termal”.

No acto tamén interviron o presidente do Centro Comercial Ponte Vella, Jorge Bermello; o presidente do comité organizador dos actos do 50 aniversario do Pabellón CF, Fernando Martínez Lamas; o edil de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o delegado de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta; o delegado en Ourense da Real Federación Galega de Fútbol, Raúl Rois. E no acto tamén estiveron, entre outros,  o presidente do Pabellón CF, Francisco Doforno; o secretario técnico do Pabellón CF, David Carnero; e o director dos torneos programados, Miguel Ángel González.

Leer más:   Rosendo Fernández asiste ao acto de conmemoración da primeira sentenza ditada en galego en Ourense

- Te recomendamos -
Artículo anteriorMuere un hombre de 41 años al caer por un desnivel con un tractor en Monterrei (Ourense)
Artículo siguienteBaltar tiene “más o menos divisada la persona que podría encabezar” la lista del PP en la ciudad de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.