Inicio Destacado A raíña Sofía será a presidenta de honra do Congreso Internacional de...

A raíña Sofía será a presidenta de honra do Congreso Internacional de Turismo Termal, que se celebrará en Ourense o 28 e 29 de setembro

O presidente da Deputación e da EHTTA, Manuel Baltar, resalta a satisfacción por esta comunicación, definindo o evento que se celebrará na cidade o 28 e 29 de setembro coma “unha gran ocasión para visibilizar a Ourense como a provincia termal de Europa, e tamén para tecer alianzas coa Casa Real nun ámbito internacional”

Baltar destaca o nivel do Congreso Internacional de Termalismo: “Seguimos traballando para poñer en marcha un evento que será dificilmente superable”

Ourense, 4 de xuño de 2022.- A raíña Sofía será a presidenta de honra do Comité Institucional do III Congreso Internacional de Turismo Termal, que se celebrará en Ourense o 28 e 29 de setembro deste ano. A Súa Maxestade accedeu á petición realizada polo presidente da Deputación e da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), Manuel Baltar, que a través dunha carta enviada ao Palacio de La Zarzuela prantexou esta posibilidade.

Leer más:   A III edición da Mini BTT Estacións Vivas reunirá este domingo a máis de 300 rapaces de toda Galicia

Manuel Baltar resalta a satisfacción de recibir esta comunicación da Casa Real, “confirmando que a Raíña Sofía presidirá o Comité de Honra do Congreso lnternacional de Termalismo en Ourense, da man da Organización Mundial de Turismo das Nacións Unidas”.

O presidente da Deputación destaca que a celebración do Congreso Internacional de Turismo Termal será unha gran ocasión para “visibilizar a provincia termal de Europa, que é Ourense, e tamén para tecer esa alianza coa Casa Real nun ámbito internacional, o da Asociación Europa de Cidades Históricas Termais, unha asociación que presidimos -Manuel Baltar acaba de ser reelixido ao fronte da EHTTA ata o ano 2026-, da que forman parte os 51 lugares termais máis importantes de Europa, de dezaoito nacións”.

Baltar tamén define como “un momento moi transcendente para a propia EHTTA”, o que se vivirá en Ourense “en setembro do ano 2022, no que celebramos o bicentenario da Deputación”. E avanza que segue o traballo da organización deste evento: “Seguimos cos procedementos e pasos para poñer en marcha este Congreso Internacional, que será moi dificilmente superable”.

Leer más:   César Fernández participa na entrega de premios da XXIV Concentración de Escolas de Vela e da Copa Deputación de clase optimist

Nesta liña, a raíña Sofía está invitada a participar na inauguración do congreso. Unha posible presenza que, sinalan dende a Casa Real nesta misiva, estudarán e, en caso de ser posible atendela sinalan que “poríamos en contacto con vostedes para comunicalo coa antelación oportuna”.

Avances nos preparativos do Congreso Internacional de Turismo Termal

Precisamente, na última reunión do comité executivo da EHTTA, celebrada o pasado luns, avanzouse nos preparativos de organización do Congreso Internacional de Turismo Termal. Un evento no que se está a traballar dende que o pasado 30 de novembro de 2021, a 24ª Asemblea Xeral da Organización Mundial do Turismo (OMT) aceptase a candidatura presentada un mes antes, en outubro, pola EHTTA como membro afiliado da propia OMT.

Leer más:   Regresa a Muíños o campamento de formación musical “Music Camp”

Na asemblea da OMT, a máis importante do sector turístico a nivel mundial, Manuel Baltar agradeceu como presidente da EHTTA a participación, a través deste congreso, no programa de traballo da Organización Mundial do Turismo en 2022.

O presidente da Deputación centrou a súa defensa de Ourense como sede do Congreso Internacional de Turismo Termal arredor de catro eixos: o potencial dunha provincia como Ourense na pospandemia, a chegada da Alta Velocidade, o Xacobeo 21-22 e o bicentenario da Deputación, “cun goberno que ten un forte compromiso co termalismo para o desenrolo sostible”, situando o turismo termal coma unha “ferramenta imprescindible para potenciar o noso rural”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación apoia a organización do Festival Céltico, que se celebrará no Irixo e San Amaro no mes de setembro
Artículo siguienteRueda escuchará “con muchísima atención” a la oposición y buscará su apoyo para plantear demandas al Gobierno central
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.