Inicio Destacado Rosendo Fernández participou na presentación da campaña “Camiña a Galicia”, no Teatro...

Rosendo Fernández participou na presentación da campaña “Camiña a Galicia”, no Teatro Principal

Presentacion da Campana Camina a Galicia

Xoel Lopez no Teatro Principal

O vicepresidente primeiro da Deputación lembrou na súa intervención que o Camiño de Santiago está na esencia de Ourense: “A Vía da Plata e o Camiño de Inverno están composto de natureza, patrimonio, enogastronomía e termalismo, catro elementos clave e que están representados na nosa marca turística, ‘OU”

Rosendo Fernández reivindicou a importancia da chegada do AVE e a cooperación entre administracións para potenciar o Camiño de Santiago

Ourense, 4 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Teatro Principal na presentación da campaña “Camiña a Galicia” 2022. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e contou coa presencia do presidente do Clúster de Galicia, Cesáreo González; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; alcaldes, deputados, parlamentarios autonómicos, delegados territoriais e representantes do tecido socioeconómico de Galicia. Durante o acto, que estivo presentado por Belén Xestal e no que actuou Xoel López, proxectouse o vídeo da campaña “Camiña a Galicia 2022”.

Leer más:   Ourense converterase na capital do canto coa celebración do IV Encontro de Coros Infantís, Xuvenís e Escolares

Rosendo Fernández agradeceu na súa intervención a elección do Teatro Principal como sede da presentación desta campaña turística da Xunta de Galicia: “Esta é unha acción que ten que ver coa esencia do noso destino. O Camiño de Santiago en Ourense conta con dous itinerarios xacobeos recoñecidos: a Vía da Prata e o Camiño de Inverno”. Son dous itinerarios, sinala o vicepresidente, “que permiten aos peregrinos vivir unha experiencia alternativa e tranquila, rodeados de natureza, con paradas obrigatorias para descubrir o noso patrimonio, que permite repoñer forzas coa nosa exquisita enogastronomía, e recuperarse desas camiñatas coas nosas augas mineiro medicinais. Catro compoñentes clave que falan da nosa esencia e que por elo están representados na nosa marca turística “OU” e que coinciden cos principais atributos valorados polos que visitan Galicia”.

Leer más:   Mujer mayor atropellada en Celanova mientras el pleno solicitaba más seguridad vial

O vicepresidente primeiro da Deputación lembrou que “Ourense non só é porta de entrada ao Camiño en Galicia, senón que agora tamén é a porta de entrada da Alta Velocidade, fito que xa está a deixar un impacto máis ca positivo no conxunto do territorio”. E “este impulso á conectividade derivado da chegada do AVE unido ao novo perfil da demanda turística que aposta por espazos pouco masificados e experiencias auténticas”, destaca Rosendo Fernández, “transforman por completo a nosa capacidade competitiva como destino turístico”.

Fernández amosou a satisfacción por “observar como cada día chegan á nosa Comunidade multitude de peregrinos de todo o mundo, dispostos a mergullarse na nosa cultura, historia e tradición a través dos Camiños que percorren as catro provincias. Un traballo que é resultado da cooperación, da que desde o goberno provincial somos firmes convencidos que debe ser o piar fundamental que sustente o labor de calquera institución”.

Leer más:   O vicepresidente Rosendo Fernández participou na apertura do congreso de ALDEEU

No acto tamén interviron o presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo González, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que reivindicou o traballo realizado pola administración autonómica para apoiar o sector turístico galego -especialmente nos peores momentos da pandemia- e lembrou o potencial de Galicia para seguir crecendo como destino de calidade, con elementos tractores como o Camiño de Santiago e o termalismo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLos embalses del Miño-Sil están por debajo de la reserva habitual y la Confederación pide, “sin alarma”, uso responsable
Artículo siguienteA Deputación apoia a organización do Festival Céltico, que se celebrará no Irixo e San Amaro no mes de setembro
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.