Inicio Destacado A Deputación e o Concello de Allariz pechan un acordo de colaboración...

A Deputación e o Concello de Allariz pechan un acordo de colaboración para acondicionar espazos rurais

Manuel Baltar enmarcou o resultado do encontro coa alcaldesa, Cristina Cid, “na alianza de colaboración que desde hai tempo mantemos os goberno provincial e municipal”, destacando a execución de obras relacionadas con infraestruturas viarias e dotacións deportivas

A rexedora detallou que a colaboración da Deputación permitirá pavimentar as rúas de diversos núcleos de poboación, ademais de recuperar elementos patrimoniais como fornos, fontes ou lavadoiros

Ourense, 7 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, pecharon esta mañá no Pazo Provincial un acordo de colaboración para a execución de obras de acondicionamento en espazos rurais do municipio, referidas fundamentalmente a rúas e proxectos de recuperación do patrimonio. Unha liña de cooperación que quedará reflectida na modificación de créditos que se presentará ao pleno do mes de setembro.

Leer más:   Operación de rescate heroica en la Ribeira Sacra

Manuel Baltar enmarcou este acordo “na alianza de colaboración que desde hai tempo mantemos os gobernos provincial e municipal”, destacando a execución de obras relacionadas con infraestruturas viarias, beirarrúas e dotacións deportivas. Neste último caso anunciou que en breve asinarase un convenio coa Xunta de Galicia para executar un importante proxecto para o campo de fútbol da vila. O acordo desta mañá entre a Deputación e o Concello, engadiu Manuel Baltar, “supón ampliar ata 150.000 euros a cantidade que se incluirá na modificación de créditos que levaremos ao pleno de setembro”.

Cristina Cid detallou que a colaboración da Deputación de Ourense permitirá pavimentar as rúas de diversos núcleos de poboación do municipio, ademais de recuperar elementos patrimoniais como fornos, fontes ou lavadoiros. O incremento do apoio económico, explicou, “vai permitir facer fronte ao aumento de custos provocado pola importante suba das materias primas”, centrando as actuacións nos mencionados traballos e aprazando outros proxectos para o próximo exercicio.

Leer más:   A Deputación aproba a concesión de 260.000 euros en axudas para cooperación cos concellos e deporte

- Te recomendamos -
Artículo anteriorSorprendido un conductor luso con 2.172 gramos de droga que arrojó por la ventanilla al ver a la Guardia Civil en Verín
Artículo siguienteManuel Baltar compromete o apoio da Deputación para avanzar no desenvolvemento do termalismo en Punxín
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.