A décima edición da Chandrexa Trail reunirá a máis de 250 participantes o domingo 19 de xuño

A proba está organizada por Running Sport Trail e a Deputación de Ourense, e colabora por cuarto ano consecutivo coa Asociación de Fibrosis Quística de Galicia

O trail terá catro percorridos, entre os 42 quilómetros e os 7,5, ademais dunha andaina de 18 quilómetros

A Chandrexa Trail será válida para á clasificación da Liga Provincial de Trail Ourense, e por tanto, os puntos obtidos serán computables no sistema ITRA

Ourense, 8 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da Chandrexa Trail, que este ano cumpre dez anos dende a súa primeira edición e que volve ó calendario deportivo da provincia tras dous anos de ausencia obrigada pola crise sanitaria. Fernández estivo acompañado no acto de presentación polo director da carreira e presidente da Running Sport Trail, Diego Martínez; o responsable de seguridade da proba, Gerardo Caneiro; o concelleiro de Cultura e Deportes de Chandrexa de Queixa, Francisco Martínez e o xerente de Cafés Las Antillas Campos, Marco Vázquez.

A proba deportiva, organizada pola Running Sport Trail e a Deputación de Ourense, que por cuarto ano consecutivo colabora coa Asociación de Fibrosis Quística de Galicia, terá lugar o vindeiro domingo 19 de xuño no concello de Chandrexa de Queixa, e nela se darán cita máis de 250 participantes, con procedencia de toda Galicia, diferentes puntos de España e coa presenza dun corredor chileno.

A proba consistirá en catro percorridos, a escoller polos participantes, entre os 42 quilómetros na súa modalidade máis desafiante -cun desnivel de 2.850 metros-, un circuíto de 28 quilómetros -desnivel de 1.510 metros-, de 18 quilómetros -960 metros- e de 7,5 quilómetros -480 metros de desnivel-. Todos os percorridos parten dende a casa consistorial da localidade con excepción do percorrido máis pequeno, que partirá dende a saída do embalse. Ademais, celebrarase unha andaina de 18 quilómetros.

É de destacar que con ocasión do décimo aniversario da proba, o percorrido principal, que é o que percorre habitualmente 35 quilómetros, foi ampliado ata alcanzar a distancia de 42 quilómetros, converténdose así nun maratón.

Durante o percorrido os participantes terán a súa disposición distintos puntos de avituallamento , nos cales poderán retomar forzas para continuar a carreira, que contará tamén con corredores escoba, que eliminarán os corredores que non cheguen os distintos cortes horarios propostos pola organización.

A proba será válida para á clasificación da Liga Provincial de Trail Ourense, e por tanto, os puntos obtidos serán computables no sistema ITRA. Tamén é destacable que esta competición servirá como clasificatorio para o desafío de UTMB Mont-Blanc, que terá lugar no mes de agosto e que reunirá ós mellores corredores do mundo.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 19 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Ourense habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

11 horas hace

Penúltima jornada crucial para Europa League y permanencia en Laliga EA Sports

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

15 horas hace

La universidad Alfonso X el Sabio sobresale en el estudio de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

15 horas hace

Castellano refuerza su apuesta en Millenium Hospitality con 10.000 acciones

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

16 horas hace

TÜV SÜD alcanza por primera vez ingresos superiores a 3.000 millones de euros

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

16 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

1 día hace

Esta web usa cookies.