Inicio Destacado Rosendo Fernández reivindica na inauguración de Alimagro o peso específico do sector...

Rosendo Fernández reivindica na inauguración de Alimagro o peso específico do sector primario na provincia de Ourense

O vicepresidente primeiro da Deputación recalcou en Xinzo o apoio do goberno provincial ao sector e puxo en valor a programación da terceira edición da Feira do Agro da Limia, “unha referencia e un axente dinamizador para unha comarca vital para Ourense”

Xinzo de Limia, 2 de setembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Xinzo na inauguración de Alimagro 2022, a Feira do Agro da Limia organizada polo Concello coa colaboración pública da Deputación, Xunta de Galicia, Agacal e a IXP Pataca de Galicia. Fernández estivo acompañado na apertura da feira, que se celebra durante todo o fin de semana, pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama; o conselleiro de Medio Rural, José González; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso; e o edil de Medio Rural de Xinzo, Amador Díaz.

Leer más:   A Deputación apoia a XII Copa Galicia de Ximnasia en Trampolín, que se celebra este fin de semana no Paco Paz

Na súa intervención, Rosendo Fernández enxalzou o traballo que realiza o sector agrícola na provincia de Ourense agradecendo o labor “de cada un dos agricultores e gandeiros que realizan un labor indispensable, algo que xa era coñecido por todos, pero que na pandemia aínda se fixo máis evidente”, destacando o papel da comarca da Limia como unha das principais zonas agrícolas non só da provincia de Ourense senón de toda Galicia, tanto polo número de agricultores que conforman o tecido produtivo, como polo impacto económico.

O vicepresidente primeiro da Deputación e presidente do Inorde animou á mocidade “a que se implique e traballe neste sector, porque tanto desde a Deputación de Ourense como desde o Inorde atoparán o apoio e axuda que precisen”, lembrando que “as nosas portas sempre están abertas para atender as vosas demandas”. Proba do compromiso do goberno provincial con este sector, explicou, “foi a aposta que se fixo de abrir fai máis de 20 anos aquí, en Xinzo, o centro de Desenvolvemento Agrogandeiro que realiza un traballo esencial para toda a provincia”.

Leer más:   A Deputación colabora coa 5ª edición da andaina solidaria da Peroxa a favor da Asociación Diabética Auria

Rosendo Fernández tamén destacou a importancia da cooperación pública e privada, unha vez máis, “para poder desenvolver proxectos conxuntos que aglutinen os esforzos logrando que teñan un impacto positivo no noso territorio”. Este traballo conxunto permite chegar á terceira edición de Alimagro, convertida “no escaparate perfecto para dar a coñecer a calidade dun dos principais produtos cabeceira da nosa enogastronomía e que tan importante para o desenvolvemento económico deste municipio e de toda a comarca, como é a pataca”.

Programación de Alimagro 2022

Alimagro chega este ano á terceira edición “converténdose, posiblemente, no evento de maior referencia e un axente dinamizador para unha comarca vital para Ourense”, sinalou Rosendo Fernández, quen lembrou, entre outras actividades, como na previa á propia feira, celebrouse un ciclo de conferencias na casa da cultura de Xinzo que afondaron en temáticas de interese para o tecido produtivo e que contou coa colaboración do Inorde.

Leer más:   Manuel Baltar celebra en Laias a reactivación do termalismo deportivo, con 357 deportistas adestrando no Cerlac entre abril e maio

Este ano o programa da terceira edición de mestura cociña en directo, degustacións gastronómicas, xugada de vacas, música, e unha gran variedade de actividades arredor do sector primario.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLogramos o apoio unánime do pleno para dedicarlle unha rúa de Ourense ao alcalde represaliado, Manuel Suárez Castro
Artículo siguienteA Deputación referenda o seu compromiso coa cultura propia co apoio á XXXIII edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.