Baltar defende na xunta xeral de grupos de interese de Agbar a importancia da colaboración pública-privada para garantir os servizos de calidade nos concellos rurais

 Manuel Baltar salientou que o goberno provincial “traballa como ningún outro cos gobernos pequenos, apoiado en ferramentas chave como a colaboración público-privada coma queda demostrado en AquaOurense”

No Día mundial dos océanos, o presidente da Deputación tamén aproveitou a presencia neste foro para lembrar a importancia da auga como elemento vital do planeta e a importancia de Ourense “como provincia non so de auga, senón tamén coma provincia termal”

Ourense, 8 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, interveu esta mañá por vídeo conferencia na xunta xeral de grupos de interese de Agbar, na que se atopa integrada Viaqua, empresa coa que a Deputación forma AquaOurense, un consorcio partenariado con 14 anos de experiencia e que actualmente da asistencia técnica a 80 concellos ourensáns -174.545 persoas-, realizando máis de 5.000 análises anuais.

Na súa intervención, Manuel Baltar salientou que o goberno provincial “traballa como ningún outro cos gobernos pequenos, apoiado en ferramentas chave como a colaboración público-privada”. Nesta liña, como boa proba salientou o papel de AquaOurense: “Coa colaboración dunha empresa privada e unha institución pública coma a Deputación revélanse clave para a axuda, a cooperación técnica, xurídica e económica con concellos, permitindo que pequenas entidades poidan acceder a este tipo de xestión e de servizos públicos de calidade”

No día mundial dos océanos, Baltar tamén aproveitou a presencia neste foro para lembrar a importancia da auga como elemento vital do planeta e a importancia de Ourense “como provincia non só de auga, senón tamén coma provincia termal”.

O presidente do goberno provincial avanzou que “a través da etapa pioneira que abrimos, os pequenos concellos que precisan a axuda da institución provincial a poderán ter gracias a iniciativas coma a que existe na provincia de Ourense a través de Agbar e Viaqua”.

A Xunta Xeral de Grupos de Interese de Agbar -empresa con máis de 150 anos de experiencia na xestión a auga e medio ambiente- é un evento de carácter anual onde se comparten, a partir da intervención de representantes de distintos sectores e ámbitos, diferentes modelos dentro da xestión do ciclo da auga.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 17 de mayo de 2024

En las primeras horas del día en Ourense se prevén cielos cubiertos con tormentas acompañadas…

4 horas hace

El Prime Day de Amazon vuelve en julio con celebración en Medinaceli

Las popularmente conocidas “fiestas de pueblo” son un imprescindible dentro de la cultura española. Así…

16 horas hace

Fundación PortAventura invierte 2,5 millones para ampliar PortAventura Dreams Village

La Fundación PortAventura ha inaugurado la ampliación de PortAventura Dreams Village, su proyecto social más…

16 horas hace

Innovación sin gluten: Grupo Gallo integra al colectivo celíaco

Han transcurrido cerca de 10 años desde que Grupo Gallo inició la producción de sus…

17 horas hace

Villas Santa Ana y Miramar entre las mejores según Financial Times

El diario británico 'Financial Times' ha hecho una selección de 5 exclusivas villas privadas que…

17 horas hace

Revolución en la educación con la primera aplicación web de inteligencia artificial

IGNITE Copilot, la innovadora aplicación web de Inteligencia Artificial (IA) para centros educativos y maestros…

18 horas hace

Esta web usa cookies.