Inicio Destacado A Deputación estudará o acondicionamento da estrada de Casaio para facilitar o...

A Deputación estudará o acondicionamento da estrada de Casaio para facilitar o proxecto de turismo industrial en Carballeda de Valdeorras

Manuel Baltar, analizou xunto coa alcaldesa, María del Carmen González, os detalles dunha infraestrutura que o presidente recoñece fundamental para o tránsito dos turistas que acudirán a visitar as explotacións da lousa e as paraxes que as rodean

A rexedora agradeceu a receptividade do presidente da Deputación ás súas propostas e resaltou “o clima de cooperación existente entre ambas administracións” en áreas como o medio ambiente, o Camiño de Inverno, patrimonio e atención social

Ourense, 12 de xuño de 2022.- A Deputación de Ourense estudará o acondicionamento e mellora da estrada que comunica as poboacións de Casaio e Casaio Suso, en Carballeda de Valdeorras, esencial para o desenvolvemento dun plan de turismo industrial pioneiro en Galicia. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, analizou xunto coa alcaldesa, María del Carmen González, os detalles dunha infraestrutura cun indubidable potencial turístico, “pois se queremos que os visitantes coñezan as explotacións de lousa da zona e as paraxes que as rodean é indispensable ofrecerlles unhas axeitadas comunicacións”, dixo González

Leer más:   ¡Saborea los mejores dulces tradicionales de Ourense en Semana Santa!

A solicitude da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras xurde trala recente visita de Manuel Baltar á parroquia de Casaio, onde coñeceu de primeira man a relevancia das canteiras existentes na zona para a posta en marcha dun tipo de turismo inédito en Galicia pero con moito éxito noutros países europeos.

Manuel Baltar recoñece a función básica que por si mesma cumpre esta estrada ao conectar as poboacións desta parte do municipio, pero tamén destaca a importancia desta infraestrutura para facilitar o tránsito dos turistas que acoden a visitar esta zona para coñecer un sector clave da economía provincia e as paraxes nas que se sitúan, de aí que a alcaldes formulara tamén a posibilidade de habilitar miradores durante o traxecto.

Leer más:   A Deputación contribúe a redescubrir a figura e a obra do escultor Arturo Baltar coa edición dun libro do escritor e xornalista Antón Lopo

A rexedora de Carballeda de Valdeorras agradeceu a receptividade do presidente da Deputación ás súas propostas e resaltou “o clima de cooperación existente entre ambas administracións”, citando neste sentido algunhas actuacións postas en marcha, tamén no ámbito do turismo, como unha senda peonil no Camiño do Inverno, “para maior comodidade dos viaxeiros que cada día medran en número” , e unha axuda para o acondicionamento da igrexa de Sobradelo “que non é un simple templo, senón que é patrimonio dese Camiño”.

A colaboración en traballos medioambientais de limpeza e roza xunto aos núcleos de poboación, así como para o servizo de fisioterapia que desde á área social do Concello ofrecen á poboación de maior idade foron outros dos aspectos tratados entre Manuel Baltar e María del Carmen González no marco da colaboración que a Deputación mantén co Concello.

Leer más:   Manuel Baltar asina o expediente de contratación do servizo de redacción do proxecto para transformar o Pazo Provincial en Gran Hotel Balneario

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRosendo Fernández no Premio Losada Diéguez: “A relación da Deputación cun dos dos grandes das nosas letras é indisoluble”
Artículo siguienteTorneo Xuvenil “Ourense Provincia Termal”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.