Inicio Destacado Rosendo Fernández no Premio Losada Diéguez: “A relación da Deputación cun dos...

Rosendo Fernández no Premio Losada Diéguez: “A relación da Deputación cun dos dos grandes das nosas letras é indisoluble”

Premio Losada Dieguez 2

O vicepresidente primeiro da Deputación participou esta mañá na entrega dos galardóns correspondentes ás edicións de 2022 e 2020, esta última aínda pendente polas restricións impostas daquela pola pandemia

“A súa obra segue aí e vai perdurar”, dixo o vicepresidente, “como tamén o labor que desenvolveu para manter viva a memoria do escritor a súa filla, Mercedes Losada, neste primeiro ano que nos deixa sos tralo seu falecemento”

Ourense, 11 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega de galardóns do XXXVII Premio Antón Losada Diéguez, acto celebrado no Pazo de Moldes, en Boborás, na que fora a casa natal dunha das figuras centrais da historia do galeguismo. Un certame que convocan anualmente os concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense, e que conta coa dotación máis alta dun premio literario en Galicia: 12.000 euros distribuídos a partes iguais en dúas categorías: creación literaria e investigación e ensaio. O acto desenvolvido este mediodía tivo un especial contido, pois entregáronse os premios correspondentes ás edicións de 2022 e 2020, esta última pendente de celebrar como consecuencia da pandemia.

Leer más:   César Fernández resalta a “cooperación e a colaboración da Deputación cos axentes empresariais” na xornada de Zona Franca de Vigo

Na súa intervención neste acto, Rosendo Fernández repasou a implicación da Deputación coa figura do escritor “patrocinando desde o primeiro momento este certame”, do que lembrou foi instaurado en 1985 cando se lle dedicou a Antón Losada o Día das Letras Galegas. Desde aquela, afirmou, “a relación da Deputación cun dos dos grandes das nosas letras é indisoluble”. Unha relación aínda máis forte, engadiu Fernández, “tralos actos de celebración organizados hai dous anos pola Deputación para conmemorar o centenario do primeiro número da revista Nós, “da que Losada foi un dos seus fundadores”.

“A súa obra segue aí e vai perdurar”, dixo o vicepresidente, “como tamén o labor que desenvolveu para manter viva a memoria do escritor a súa filla, Mercedes Losada, neste primeiro ano que nos deixa sos tralo seu falecemento”.

Xunto ao vicepresidente primeiro da Deputación tamén se deron cita no Pazo de Moldes o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; a alcaldesa de Boborás, deputada provincial de Cultura e presidenta da Fundación Losada Diéguez, Patricia Torres; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; rexedores da comarca; membros do Padroado, do xurado e representantes do eido cultural ourensán e galego, entre outros.

Leer más:   A Deputación colaborará coa asociación Olivarnoia no seu proxecto de dinamización do rural

A todos eles saudou Patricia Torres, que agradeceu en nome da función o apoio incondicional da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia para manter uns galardóns que permiten conservar o legado do intelectual ourensán.

Premios de 2022

Polo que respecta á edición da 2022, o xurado elixiu por unanimidade a novela de Santiago Lopo, A carteira, editada por Xerais, como gañadora na categoría de creación literaria. Denuncia social, humor e unha narrativa áxil e dinámica que favorece a lectura foron algunhas das consideracións realizadas polo xurado sobre esta obra. En investigación e ensaio, o xurado decantouse polo traballo titulado Alejandro Viana. Un galego a fronte do rescate dos refuxiados republicanos, editado por Belagua Ediciones y Comunicación. O seu autor, Roberto Mera, sobriño e neto do protagonista, recupera a figura deste industrial e político que galego que axudou a escapar a máis de 17.000 persoas da represión da ditadura franquista.

Leer más:   César Fernández define a Coupe de la Jeunesse como "unha magnífica postal que amosa o futuro de Ourense"

Galardóns de 2020

Debido ás medidas sanitarias adoptadas como consecuencia da pandemia aínda estaban pendentes de entrega os premios correspondentes á edición de 2020, cuxos gañadores recibiron as súas distincións no mesmo acto de hoxe.

Trátase de Eduard Velasco, pola obra Os días felices de Benvido Seixas, editada por Xerais, no apartado de creación literaria. O xurado considerou que o escritor ofrece “unha novela ben estruturada na que participan personaxes moi traballados, cun ton humorístico logrado, que evita as modas e onde se contan as peripecias con frescura”. No apartado de investigación e ensaio o premio foi para Camilo Nogueira polo traballo Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), tamén publicada por Xerais. O ensaio, declarou entón o xurado, “é o derradeiro elo dunha triloxía dedicada a Galicia como nación no mundo, nunha interpretación suxestiva que se basea nun importante coñecemento e reflexión da Galicia dos últimos cinco séculos”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación edita en colaboración con Galaxia a primeira biografía completa de Basilio Álvarez “contribuíndo a engrandecer a súa relevancia histórica”
Artículo siguienteA Deputación estudará o acondicionamento da estrada de Casaio para facilitar o proxecto de turismo industrial en Carballeda de Valdeorras
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.