Inicio Destacado A Deputación edita en colaboración con Galaxia a primeira biografía completa de...

A Deputación edita en colaboración con Galaxia a primeira biografía completa de Basilio Álvarez “contribuíndo a engrandecer a súa relevancia histórica”

Nun encontro celebrado no Pazo Provincial, Manuel Baltar recibiu de mans do profesor de historia Miguel Cabo o traballo orixinal sobre a traxectoria pública e privada do ilustre ourensán “que aínda fará máis inesquecible a súa figura” e abrirá as portas “para que as novas novas xeracións coñezan o seu legado”

A biografía é unha encarga persoal realizada polo presidente durante a primeira homenaxe institucional impulsada pola Deputación e celebrada hai case un ano na parroquia de Beiro, coincidindo co 144 aniversario do nacemento de Álvarez

Miguel Cabo destacou a inclusión de facetas pouco coñecidas como a presidencia do Centro Galego en Madrid nos anos 20, “promocionando a galegos como Bóveda, Asorey e Castelao e o turismo en Ourense”.

Ourense, 11 de xuño de 2022.- A Deputación de Ourense, en colaboración con Galaxia, vai editar a primeira biografía completa do sacerdote, xornalista, político e promotor do movemento agrarista, Basilio Álvarez. Unha publicación que espera ver a luz este verán, transcorrido case un ano desde que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, fixera a encarga desta biografía ao profesor titular de Historia Contemporánea e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Cabo, durante a primeira homenaxe institucional celebrada na parroquia de Beiro coincidindo co 144 aniversario do nacemento do polifacético ourensán,

Leer más:   Reunión de traballo co alcalde de Baños de Molgas

Nun encontro celebrado no Pazo Provincial, Manuel Baltar recibiu de mans de Miguel Cabo o traballo orixinal sobre a traxectoria pública e privada de Basilio Álvarez, que se plasmará nunha publicación de preto de 400 páxinas na que tamén se incluirán imaxes procedentes dos fondos fotográficos da Deputación.

O presidente provincial felicitou a Miguel Cabo por un traballo “que aínda fará máis inesquecible a figura de Basilio Álvarez, engrandecendo a súa relevancia histórica”, ao tempo que afirmou que tamén abrirá as portas “para que as novas novas xeracións coñezan o seu legado, a súa capacidade retórica e os seus inigualables discursos nos que defendía con firme convicción as súas ideas”.

A Deputación de Ourense, engadiu o presidente, presenta agora a biografía máis completa feita nunca sobre Basilio Álvarez grazas a esta encarga de investigación, “na que o seu autor tivo que acudir a todas as fontes dispoñibles, non sen atrancos, para presentarnos interesantes conclusións, ata o momento mesmo descoñecidas, que seguro van enriquecer a lenda de Álvarez e o seu protagonismo no agrarismo”.

Leer más:   Deputación, Vilariño e Viana traballan para declarar a Mascarada Ibérica como Patrimonio Inmaterial

A falta dun arquivo privado, o principal obstáculo da investigación

Miguel Cabo explicou pola súa banda que un dos principais obstáculos que tivo que salvar para facer esta encarga foi “a inexistencia dun arquivo privado de Basilio Álvarez”, recorrendo á correspondencia que mantivo con Eugenio López Aydillo, un dos seus colaboradores en Acción Galega entre 1912-1914, e aos arquivos diocesanos de Ourense e Madrid, así como tamén no Vaticano.

Entre as novidades deste traballo cómpre sinalar o detalle co que se relatan as dúas etapas de Basilio Álvarez como agrarista, en Acción Galega na década do 20, e na Confederación Regional de Agricultores Galegos nos anos 20. Miguel Cabo destaca ademais a descoñecida faceta como presidente do Centro Galego en Madrid nos anos 20, “cun extraordinario labor de promoción de galegos como Bóveda, Asorey, Castelao e artistas do momento, incluíndo a promoción do turismo en Galicia e, en particular, de Ourense”.

A biografía tamén incide no seu labor como avogado; deputado do Partido Radical no período 1931-1933; vocal do Tribunal de Garantías (o que hoxe sería o Tribunal Constitucional); o seu exilio “clandestino” en 1937; o seu periplo por América; e finalmente unha reinterpretación da súa figura desde todos os máis diversos ámbitos.

Leer más:   Remata a Coupe de la Jeunesse, “a primeira competición internacional de remo das moitas que acollerá Ourense”

Desde o sacerdocio ata a política

Basilio Álvarez (Ourense, 10 de agosto de 1877 – Tampa (Florida, EEUU), 15 de novembro de 1943) estudou no Seminario Conciliar de San Fernando, en Ourense, sendo ordenado sacerdote en 1902 e tendo como primeiro destino a parroquia de Parada de Laviote (O Irixo). Xa en Madrid fundaría o movemento agrario Acción Gallega (1910-1916), iniciando o seu labor como xornalista con colaboracións en diversas publicacións e ata dirixindo La Zarpa (1921-1936).

Tras desvincularse da Igrexa licenciouse en Dereito e centra a súa traxectoria profesional na avogacía, o xornalismo e á política. Foi deputado polo Partido Radical nas Cortes republicanas de 1931 e 1933. En 1928 foi recoñecido como Fillo Predilecto de Ourense, dándolle o seu nome a unha das rúas da cidade. Tralo alzamento militar de xullo de 1936 abandonou España exiliándose en Bos Aires, asentarse despois en La Habana e logo en Florida, onde faleceu aos 66 anos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación e O Concello de Cortegada reforzan a súa colaboración para a mellora de infraestruturas e servizos termais
Artículo siguienteRosendo Fernández no Premio Losada Diéguez: “A relación da Deputación cun dos dos grandes das nosas letras é indisoluble”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.