Inicio Destacado A Deputación e O Concello de Cortegada reforzan a súa colaboración para...

A Deputación e O Concello de Cortegada reforzan a súa colaboración para a mellora de infraestruturas e servizos termais

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao alcalde, Avelino de Francisco, no marco dunha “magnífica relación e sintonía entre ambos gobernos”

O presidente puxo énfase nas actuacións relacionadas co termalismo “como proxecto clave para un concello que é unha das mellores postais da provincia”

O rexedor agradeceu “a colaboración plena e maila implicación absoluta da Deputación e o seu presidente” co sector termal, esencial para Cortegada

Ourense, 11 de xuño de 2022.- A Deputación de Ourense reforzará a súa colaboración co Concello de Cortegada para a mellora de infraestruturas e servizos termais, un ámbito estratéxico para a economía e o turismo local. Esta é unha das conclusións do encontro que mantiveron no Pazo Provincial Manuel Baltar e o alcalde, Avelino de Francisco, no marco dunha “magnífica relación e sintonía entre ambos gobernos”, destacou o presidente provincial.

Leer más:   Manuel Baltar reúnese coa alcaldesa de Rairiz de Veiga

Desde a Deputación, dixo Manuel Baltar, “manteremos a colaboración con Cortegada como vimos facendo e seguiremos a facer no futuro”, poñendo énfase nas actuacións relacionadas co termalismo “como proxecto clave para un concello que é unha das mellores postais da provincia”. Ademais do acondicionamento do vello balneario, sinalou, “contribuímos á posta en marcha das novas instalacións, nas que seguimos prestando a nosa colaboración para a súa mellora”.

Infraestruturas viarias, actuacións no parque empresarial, accións en materia de medio ambiente, equipamento para locais de asociacións de veciños, dotacións deportivas como o campo de fútbol ou o apoio á política cultural do Concello foron outras das áreas de cooperación citadas por Manuel Baltar.

Leer más:   Manuel Baltar, reeligido por unanimidad presidente de la Asociación Europea de Ciudades Históricas Termales

Entre tanto, Avelino de Francisco agradeceu “a colaboración plena e maila implicación absoluta da Deputación e o seu presidente co termalismo, esencial para Cortegada”. O alcalde detallou neste sentido algunha das melloras que desexan executar na área termal como o acondicionamento das zonas próximas á piscina, ao propio balneario e o pediluvio.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDetenido un joven de Allariz con 78 gramos de cocaína en su vehículo
Artículo siguienteA Deputación edita en colaboración con Galaxia a primeira biografía completa de Basilio Álvarez “contribuíndo a engrandecer a súa relevancia histórica”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.