A Deputación renova o patrocinio do CD Arenteiro a través do programa “Ourense, provincia termal”

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao presidente do equipo carballiñés, Argimiro Marnotes, ao que felicitou pola “fenomenal tempada”. Ninguén mellor que este club, asegura, “para promocionar o termalismo da provincia e, de modo singular, da vila termal por excelencia”

O presidente do Arenteiro, que agradeceu o apoio da Deputación, destaca o impacto que tivo o patrocinio no partido da Copa do Rei ante o Valencia: “O lema Ourense, provincia termal foi visto por máis de 700.000 espectadores e por máis de 2 millóns de internautas”

A Deputación tamén colabora co club na renovación integral do céspede do estadio de Espiñedo, “que permitirá contar cun campo axeitado para un equipo da Segunda Federación”, afirma Marnotes

Ourense, 15 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente do Club Deportivo Arenteiro, Argimiro Marnotes, ao que confirmou a renovación do patrocinio do equipo carballiñés a través do programa Ourense, provincia termal, “pois ninguén mellor que este club para promocionar o termalismo da provincia e, de modo singular, da vila termal por excelencia”, afirmou Baltar. Un apoio que se estende á renovación integral do céspede que xa se está a executar no estadio de Espiñedo.

O presidente do goberno provincial felicitou a Argimiro Marnotes “pola fenomenal tempada dun club cuxo futuro se escribe con maiúsculas”, recoñecemento que trasladou tamén a unha afección “que mostrou durante todos estes meses unha gran ilusión, converténdose nos seguidores do club máis representativo da provincia”.

O presidente do CD Arenteiro expresou en nome do club o agradecemento ao presidente provincial e á Deputacion pola renovación do patrocinio, destacando o impacto que tivo no partido da Copa do Rei ante o Valencia en decembro pasado: “O lema Ourense, provincia termal foi visto por máis de 700.000 espectadores e por máis de 2 millóns de internautas que accederon ata o momento ás imaxes do partido a través da redes”.

Tamén se referiu Marnotes á renovación integral do céspede de Espiñedo, “que permitirá contar ao equipo cunhas renovadas instalacións deportivas nun dos aspectos clave para un equipo de fútbol como é o propio campo, que agora será o axeitado para un club da Segunda Federación”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Penúltima jornada crucial para Europa League y permanencia en Laliga EA Sports

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

1 hora hace

La universidad Alfonso X el Sabio sobresale en el estudio de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

2 horas hace

Castellano refuerza su apuesta en Millenium Hospitality con 10.000 acciones

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

2 horas hace

TÜV SÜD alcanza por primera vez ingresos superiores a 3.000 millones de euros

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

3 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

21 horas hace

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

1 día hace

Esta web usa cookies.