Inicio Destacado Inaugurada a nova sede da AECC en Ourense, que contou co apoio...

Inaugurada a nova sede da AECC en Ourense, que contou co apoio económico da Deputación

Inauguracion da nova sede de AECC 2

Inauguracion da nova sede de AECC 3

A deputada Luz Doporto participou esta mañá no acto oficial de apertura do local, situado na rúa Doutor Marañón da cidade, recoñecendo o “importantísimo traballo” realizado polo equipo de AECC en Ourense

Doporto aplaudiu a mellora dos servizos que trae esta nova sede para os pacientes oncolóxicos e as súas familias, grazas á renovación dos equipamentos e a incorporación de novas tecnoloxías

A deputada tamén reivindicou o “potente compromiso” do goberno provincial cos enfermos de cancro: “Queremos contribuír na resposta das necesidades dos pacientes oncolóxicos e as súas familias”

A Deputación achegou 80.000 euros para acondicionar o novo local de AECC e ademais, dentro desta liña de apoio tamén facilita o estacionamento gratuíto dos pacientes con tratamento oncolóxico no aparcadoiro do CHUO

O presidente nacional de AECC, Ramón Reyes, salientou o feito de que esta infraestrutura puido completarse grazas ó esforzo colectivo

Ourense, 15 de xuño de 2022.- A deputada Luz Doporto participou esta mañá no acto de inauguración da nova sede da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense, situada na rúa Doutor Marañón da cidade e que contou para o seu acondicionamento cunha achega de 80.000 euros por parte da administración provincial.

Leer más:   A Deputación avanza na consolidación da provincia como ecosistema deportivo: "Os froitos de moitos anos de traballo vense agora"

Neste acto estivo presente o presidente nacional da AECC, Ramón Reyes, e a xunta provincial da AECC -co seu presidente, Germán Rodríguez-Saá-, acompañados polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o subdelegado do Goberno, Emilio Rodríguez Afonso; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e numerosos representantes de entidades, colectivos e asociacións ourensáns.

Luz Doporto recoñeceu o “importantísimo e imprescindible traballo” desplegado por todo o equipo de AECC en Ourense, valorando tamén a importante mellora que suporá este novo local, coa renovación de equipamentos e novas tecnoloxías para atender as necesidades dos pacientes e dos seus familiares.

A deputada tamén destacou o “potente compromiso” da Deputación no eido social, lembrando a colaboración económica que a Deputación achegou para esta nova sede ou facilitar o estacionamento gratuíto dos pacientes oncolóxicos no aparcadoiro do CHUO, atendendo a un acordo plenario de todos os grupos políticos da Corporación provincial. “A Deputación está comprometida con todas as persoas afectadas por esta enfermidade e as súas familias, buscando axudar na resposta das súas necesidades”, explicou Doporto.

Leer más:   A Deputación publica o libro “Ourense, terma bimilenaria”, da investigadora Marita Souto

O presidente nacional de AECC, Ramón Reyes, salientou o feito de que esta sede esté construída grazas ó “esforzo colectivo de moita xente, incluíndo socios, voluntarios ou entidades”. Reyes invitou a non esquecer a todos os que axudaron neste propósito, “xa que camiñamos sobre os ombros de xigantes”, parafraseando a Isaac Newton.

Un novo centro mellorado para pacientes e familiares

AECC leva máis de 60 anos traballando pola prevención do cancro e polo acompañamento para aquelas persoas e familias que sofren a enfermidade. Durante estes anos, a asociación vén de traballar no fomento da investigación, especialmente na vertente oncolóxica.

Coa chegada das novas tecnoloxías e co xurdimento de novas necesidades dos pacientes, a asociación atópase incorporando novos servizos para mellorar o benestar tanto dos pacientes coma das familias. Dentro desta estratexia de mellorar os servizos, AECC adaptou a súa nova sede en Ourense, apoiándose nos últimos avances tecnolóxicos.

Leer más:   A Ourense Film Commission realizará a súa presentación oficial ante o sector audiovisual español no marco da próxima edición do OUFF

Para pechar os actos de hoxe con motivo da inauguración da nova sede, esta tarde terá lugar no Teatro Principal unha conferencia baixo o título de “Tour del Cáncer”, impartida por Ramón Reyes e o doutor Carlos López-Otín, catedrático de Bioquímica e Bioloxía molecular na Universidade de Oviedo. Este proxecto busca incrementar a visibilidade e o coñecemento da enfermidade por parte da sociedade, e trasladar os servizos gratuítos que ofrece AECC.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorRosendo Fernández asina a entrada da incorporación da Deputación no accionariado do Grupo Tragsa
Artículo siguienteCésar Fernández reafirma o compromiso da Deputación coa MIT de Ribadavia como “evento fundamental da cultura ourensá e galega”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.