Inicio Destacado Rosendo Fernández asina a entrada da incorporación da Deputación no accionariado do...

Rosendo Fernández asina a entrada da incorporación da Deputación no accionariado do Grupo Tragsa

Ourense, 15 de xuño. – O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asinou esta mañá en Madrid a firma da documentación para a incorporación da administración provincial no accionariado do Grupo Tragsa. Este acto oficial, no que estivo presente o director xeral de Patrimonio do Estado, Juan Tejedor, sucede á reunión celebrada o pasado luns no Pazo Provincial, na que o presidente da Deputación, Manuel Baltar, concretou os detalles desta compra cunha delegación da sociedade pública encabezada polo seu presidente, Jesús Casas.

Mediante o documento asinado esta mañá, a Deputación de Ourense adquire unha acción da sociedade por un importe superior a 8.000 euros. O acordo de compra deste título foi aprobado no pleno que a corporación provincial celebrou o 24 de setembro do pasado ano. Un trámite imprescindible para poder facer encargas a Tragsa, xa que a Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público establece que as deputacións provinciais e os consellos e cabildos insulares deben participar no capital desta sociedade para contar cos seus servizos.

Leer más:   Fallece a los 108 años la abuela ourensana más longeva

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación colabora na celebración da 25 edición da Feira do Pemento de Oímbra
Artículo siguienteInaugurada a nova sede da AECC en Ourense, que contou co apoio económico da Deputación
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.