Inicio Destacado A Deputación colabora na celebración da 25 edición da Feira do Pemento...

A Deputación colabora na celebración da 25 edición da Feira do Pemento de Oímbra

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse coa alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, avanzando o apoio á organización deste evento gastronómico, que se celebrará o domingo 7 de agosto

Baltar destacou a importancia da Feira do Pemento e recoñeceu o traballo de Ana Villarino e do seu equipo a prol de Oímbra: “Son un exemplo de bo funcionamento e eficiencia nas dinámicas municipais, esforzándose para conseguir día a día unha gran visibilidade do concello”

A alcaldesa agradeceu o apoio, “un ano máis”, da Deputación de Ourense á Feira do Pemento de Oímbra: “Estamos a traballar nesta edición, que suporá as ‘vodas de prata’ e o seu renacemento coa volta ao formato tradicional, despois de dous anos nos que tivemos que reiventarnos pola pandemia”

Leer más:   Recepción ao alcalde de Viana do Bolo

Ourense, 15 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, avanzou a colaboración do goberno provincial na celebración da XXV Feira do Pemento de Oímbra durante a reunión que mantivo no Pazo Provincial coa alcaldesa deste municipio, Ana Villarino. Este evento gastronómico celebrarase en Oímbra o domingo 7 de agosto.

Manuel Baltar destacou a importancia da Feira do Pemento de Oímbra, encaixándoa dentro dos atractivos deste municipio: “Esta festa é un punto clave na nosa xeografía gastronómica, e un ano máis, un punto de encontro do bo produto nunha terra que ten de todo, termalismo, viño ou fronteira con Portugal. Oímbra é, sen dúbida, unha das mellores postais da provincia de Ourense”.

Leer más:   “Queridos Reyes Magos, este año nos hemos portado muy bien, por eso os pedimos que La Romántica vuelva a abrir”, la carta que pide el regreso de un establecimiento mítico

“Tiven a fortuna de ser o delegado da Consellería de Agricultura cando naceu esta festa, en 1998 -lembrou o presidente da Deputación- e poder vela medrar todos estes anos, co traballo do goberno municipal por este produto, emblema da provincia, e pola Feira do Pemento de Oímbra incluso durante a pandemia”.

Nesta liña, Baltar recoñece o traballo do Concello, “cun goberno local e unha alcaldesa que sempre está dando exemplo de bo funcionamento e eficiencia nas dinámicas municipais, esforzándose para conseguir día a día unha gran visibilidade”.

Pola súa banda, a rexedora de Oímbra agradeceu o apoio, “un ano máis, da Deputación de Ourense e, persoalmente, do seu presidente, Manuel Baltar”, a unha feira que cumpre 25 anos en 2022: “Naceu en 1998, en 2009 foi declarada de Interese Turístico e dende 2014 contamos coa Indicación Xeográfica Protexida”.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Una mujer de 41 años también ha fallecido en el trágico accidente de la N-120

“Estamos xa a traballar nesta edición e convidamos a todos a que nos visiten, para degustar os nosos pementos e viños”, sinala Ana Villarino arredor dunha edición con carácter simbólico: “Celebraremos as ‘vodas de prata’ da Feira do Pemento e, en paralelo, o seu renacemento coa volta ao formato tradicional despois de dous anos nos que tivemos que reinventarnos por mor da pandemia -en 2020 realizouse polas redes sociais e en 2021 nos bares-“.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación renova o patrocinio do CD Arenteiro a través do programa “Ourense, provincia termal”
Artículo siguienteRosendo Fernández asina a entrada da incorporación da Deputación no accionariado do Grupo Tragsa
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.