A Deputación colaborará na mellora da depuradora municipal de San Cristovo de Cea

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde deste municipio, José Luis Valladares

O goberno provincial tamén cooperará no acondicionamento de rúas do lugar de Fondo de Cea e na celebración de varias iniciativas culturais

Ourense, 16 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, para analizar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.

O presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para mellorar a depuradora municipal de San Cristovo de Cea. “Unha actuación imprescindible porque temos varios elementos da EDAR con certo deterioro, que é necesario arranxar”, sinalou o rexedor.

Manuel Baltar e José Luis Valladares tamén avanzaron o compromiso do goberno provincial para o acondicionamento e humanización de varias rúas do lugar de Fondo de Cea, ademais de avanzar a colaboración en diversas iniciativas culturais que organizará o Concello nos próximos meses. “Coma sempre, é perfecta a dispoñibilidade da Deputación e, persoalmente, o compromiso do seu presidente, Manuel Baltar. Coa colaboración do goberno provincial poderemos levar a cabo estas actuacións, que mellorarán a calidade de vida dos nosos veciños”, resaltou José Luis Valladares ao término da reunión no Pazo Provincial.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 18 de mayo de 2024

Durante el día de hoy en Ourense se prevén cielos cubiertos con lluvia. En cuanto…

15 horas hace

Europa League y permanencia en juego: La penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS promete emociones

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

1 día hace

Cuarta expedición de ISDIN a Mozambique efectúa cerca de 150 cirugías contra el cáncer de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

1 día hace

Marlons se incorpora a la financiación de Goiko y VICIO debido al boom de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

1 día hace

La influencia de las redes en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

1 día hace

El papel de LALIGA en la financiación de los atletas españoles para París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

1 día hace

Esta web usa cookies.