A Deputación reforza a seguridade de peóns e peregrinos que transitan por San Cibrao con novos semáforos e sinais dinámicos

O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, e o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, visitaron esta mañá as actuacións executadas para “dar resposta a unha importante demanda veciñal na zona, pero tamén para que os camiñantes da Vía da Prata circulen con máis tranquilidade por este tramo”, afirmou Pérez

O proxecto incluíu a instalacións de sinais luminosos que só deterán o tráfico a demanda dos peóns, con avisos para os condutores ante a presenza de persoas na calzada e maila activación de sinais acústicos só para invidentes

San Cibrao das Viñas, 16 de xuño de 2022.- A Deputación de Ourense vén de reforzar a seguridade dos peóns e peregrinos que transitan polo núcleo de Reboredo e o polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa instalación de novos semáforos, a posta en marcha de sinais dinámicos e o repintado da sinalización horizontal. O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, e a edil Marta Nóvoa visitaron esta mañá os puntos nos que se executou un proxecto que tiña como obxectivo “dar resposta a unha importante demanda veciñal na zona, pero tamén para que os camiñantes da Vía da Prata poidan circular con máis tranquilidade por este tramo”, afirmou Pablo Pérez.

Cun importe de adxudicadas de 65.600 euros, as obras incluíron tres actuacións. Por una parte instaláronse novos semáforos en dous puntos do núcleo de Reboredo -na travesía que da acceso ao polígono industrial-, onde con anterioridade xa existían estes sinais pero que quedaran obsoletos. Co fin de axilizar o tránsito de persoas e vehículos, estes semáforos só deterán o tráfico cando os peóns preman un botón.

Pablo Pérez destacou ademais a incorporación dun novo sistema de axuda ás persoas con discapacidade visual e para a redución do ruído, “de tal xeito que a través dunha aplicación da ONCE só se activa o sinal acústico cando se aproxima unha persoa invidente”.

A segunda actuación centrouse nos pasos de peóns da rúa 3 do polígono industrial, por se tratar dunha ruta de paso para os peregrinos que percorren a Vía da Prata. O proxecto incluíu a instalacións de sinais dinámicos para advertir aos condutores da presenza dunha persoa na calzada. Así, cando un peón se sitúa para atravesar a estrada se porán en funcionamento sinais luminosos intermitentes de cor amarelo.

O alcalde agradeceu esta inversión da Deputación de Ourense: “Unha actuación que vai a mellorar a mobilidade en Reboredo, dando seguridade aos peóns e vehículos. Dende o Concello valoramos moi positivamente esta colaboración na mellora de infraestruturas viarias”.

As obras executadas pola Deputación de Ourense nos tres puntos completáronse co repintando da sinalización horizontal para reforzar a seguridade viaria.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Un conductor pierde el control de su automóvil en Bande (Ourense) y cae al río desde un puente

OURENSE, 20 (EUROPA PRESS) Un conductor ha sufrido este lunes un siniestro en la localidad…

12 horas hace

Los habitantes de Ourense enfadadísimos con el nuevo mapa de España creado por madrileños

El DiSputado y su Mapa de España: Una visión humorística que enciende a la red…

14 horas hace

Homming mostrará en SIMA 2024 sus avances en automatización de la gestión de alquileres

homming, compañía 'proptech' en la categoría del property management, presentará en el Salón Internacional Inmobiliario…

14 horas hace

LaLiga registra ingresos récord y supera a empresas del Ibex-35

LALIGA es una de las marcas más reconocibles en España, y así lo indican numerosas…

15 horas hace

Universidad Alfonso X el Sabio es la número uno en empleabilidad en farmacia según Fundación CYD

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

16 horas hace

ALUCINARÁS | El mejor vídeo del meteorito no ha sido en Ourense

Este fin de semana, un impresionante meteorito cruzó los cielos de España y Portugal durante…

18 horas hace

Esta web usa cookies.