Inicio Destacado Rosendo Fernández defende o papel dos gobernos intermedios como “o verdadeiro complemento...

Rosendo Fernández defende o papel dos gobernos intermedios como “o verdadeiro complemento dos concellos”

O vicepresidente primeiro da  Deputación participou hoxe nas convocatorias da comisión permanente e da xunta do Padroado da Fundación Democracia e Goberno Local, ás que asistiu en representación de Manuel Baltar

Fernández asegurou que puido constatar “a boa saúde da que goza o mundo local”, avalada polos trámites de incorporación á Fundación de 27 novos gobernos intermedios

Ourense, 16 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da  Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe nas convocatorias da comisión permanente e da xunta do Padroado da Fundación Democracia e Goberno Local, ás que asistiu por vía telemática en representación de Manuel Baltar.

Tras ambas reunións, que estiveron presididas pola presidenta da Deputación de Barcelona, Núria Marín, Rosendo Fernández asegurou que puido constatar “a boa saúde da que goza o mundo local”, defendendo o papel dos gobernos intermedios como “o verdadeiro complemento dos concellos, en particular daqueles que teñen menos recursos”. Nesta liña lembrou a petición trasladada ao Goberno central para que “dote aos gobernos locais intermedios de competencias que lle sexan propias, de tal xeito que poidan desenvolver con autonomía políticas dirixidas especificamente a eses concellos”.

Leer más:   Manuel Baltar pon en valor o modelo de planificación cultural de Ourense na xornada de patrimonio monumental organizada por Partenalia

Nas sesións celebradas esta mañá, detallou o vicepresidente da Deputación, informouse dos trámites postos en marcha para a incorporación de 27 novos gobernos intermedios á fundación, “o que da idea do importante papel que xoga o traballo asociativo”. Ademais de aprobar as contas de 2021 tamén se repasaron outras actividades organizadas como a celebración do 20 aniversario da Fundación, coincidindo ademais cos 200 anos que cumpriron varias deputacións, entre elas Ourense; o éxito da V Conferencia de Presidencias de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares que se celebrou en Valencia a mediados de maio; as xornadas celebradas e publicacións que seguen en marcha; así como tamén a actividade realizada polos grupos de traballo Axenda 2023 e Transformación Dixital.

Leer más:   A Deputación destina 255.000 euros á convocatoria de subvencións para proxectos de carácter social

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación reúnese coa directiva do Ourense CF
Artículo siguienteO vicepresidente Rosendo Fernández asistiu á cerimonia de salida do Rallye de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.