Inicio Destacado Parte dende o parque de maquinaria da Deputación un novo camión con...

Parte dende o parque de maquinaria da Deputación un novo camión con axuda humanitaria para Ucraína

Luz Doporto e Eugenia Diaz Abella

A deputada de Igualdade e Reto Demográfico, Luz Doporto, supervisou esta mañá no parque de maquinaria da Deputación a saída do camión

Este envío de material recollido por concellos de toda a provincia e a colaboración de varias entidades sociais realizouse a través da Asociación Galega de Axuda a Ucraína

Con este xa son catro os camións que saíron cara Polonia e Ucraína dende o centro loxístico instalado no parque de maquinaria, cada un deles cargados cunha media de 30 toneladas de material humanitario

San Cibrao das Viñas, 20 de xuño de 2022.- A deputada de Igualdade e Reto Demográfico, Luz Doporto,  supervisou esta mañá no parque de maquinaria da Deputación de Ourense, situado no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, a saída dun novo envío de axuda humanitaria para Ucraína. Este envío realizouse en colaboración coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína, cuxa presidenta e secretario, Natalia Afónina e Antonio Corredoira, tamén estiveron presentes xunto á edil de Servizos Sociais do Concello de Ourense, Eugenia Díaz Abella, ademais de persoal da Deputación.

Leer más:   A Deputación congratúlase da concesión do Premio “Celanova, casa dos poetas” á cantante coruñesa Luz Casal

Luz Doporto destacou que  “son xa catro os camións que partiron do parque da maquinaria da Deputación dende o comezo do conflito bélico cara Polonia e Ucraína, cunha media de 30 toneladas cada un”. A deputada salientou especialmente que este envío “inclúe ademais de materiais de primeira necesidade como roupa e alimentos, doados por todos os concellos da provincia, outro tipo de materiais cedidos por diferentes entidades”.

A deputada tamén aproveitou a ocasión para mostrar o seu agradecemento ao persoal que traballa nas instalacións habilitadas pola Deputación para coordinar a resposta dos concellos da provincia ante a crise humanitaria que sofre o pobo ucraíno, xa que “sen eles, que traballan dun xeito incansable, non sería posible a resposta que estamos a dar ante esta situación”.

Leer más:   Fallece un adolescente al caer desde una vivienda en Ourense

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRosendo Fernández asistiu á toma de posesión de Manuel Reigosa como reitor da Universidade de Vigo
Artículo siguienteA Deputación alíase con Segittur para impulsar os Destinos Turísticos Intelixentes na provincia de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.