Inicio Destacado A Deputación colaborará co Concello de San Cibrao das Viñas na mellora...

A Deputación colaborará co Concello de San Cibrao das Viñas na mellora de infraestruturas viarias

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández

O goberno provincial comprométese no ensanche do vial que transcorre dende Vilanova ata Soutopenedo xunto á construción dunha senda peonil para mellorar a seguridade da veciñanza

“O proxecto está xa moi avanzado; coa colaboración entre Deputación e Concello tentaremos que se execute o antes posible”, afirmou o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández

Ourense, 23 de xuño de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, para analizar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.

Leer más:   Deputación e Concello de Ourense enviarán axuda humanitaria para os refuxiados ucraínos

O presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para ensanchar o vial que transcorre dende Vilanova ata Soutopenedo xunto á construción dunha senda peonil para mellorar a seguridade da veciñanza. “Un proxecto importante e que xa está moi avanzado. Coa colaboración entre Deputación e Concello tentaremos que se execute o antes posible”, resaltou o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, despois da reunión celebrada no Pazo Provincial. O inicio das obras está previsto para finais deste ano 2022.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorÚltimos días para presentar traballos para o XXXII Premio Carracedo de Xornalismo
Artículo siguienteCondenan al Sergas por activar tarde el protocolo para recoger en helicóptero a un hombre que falleció en Cartelle
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.