Inicio Destacado Cinco autores ourensáns poderán desfrutar dunha residencia literaria no exterior grazas ás...

Cinco autores ourensáns poderán desfrutar dunha residencia literaria no exterior grazas ás bolsas concedidas pola Deputación

Luis Gonzalez Tosar Cesar Fernandez Yolanda Castano Chus Pato e Xose Benito Reza

As bolsas están xestionadas pola Residencia Literaria 1863 e permitirán ós autores ourensáns seleccionados desenrolar a súa creatividade en estadías en Croacia, Islandia, Turquía, Polonia ou Andalucía

Estas residencias foron adxudicadas baixo o modelo de concorrencia competitiva ós ourensáns Arancha Nogueira, Iria Piñeiro, Cándido Paniagua, Rochi Nóvoa e Alexandre Corbillón

O comité de avaliación estivo formado por Chus Pato, Luís González Tosar e Xosé Benito Reza, actuando de secretaria, con voz pero sen voto, a directora da Residencia Literaria 1863, Yolanda Castaño

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, resalta a aposta do goberno provincial pola cultura a través de iniciativas como esta, que busca “poñer en valor a creatividade dos ourensáns”

Ourense, 24 de xuño de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a reunión do comité de avaliación das residencias para escritores ourensáns no estranxeiro, impulsadas pola Deputación de Ourense e a Residencia Literaria 1863. O xurado estivo formado pola poeta e académica da Real Academia Galega Chus Pato, o poeta e Presidente do PEN Club e da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar, e o ensaísta e narrador Xosé Benito Reza, quenes revisaron a fondo todas as candidaturas presentadas. Na xuntanza tamén estiveron presentes o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e a directora da Residencia Literaria 1863, a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, quen actuou de secretaria do xurado, con voz pero sen voto.

Leer más:   A Deputación impulsará os estudos universitarios de Turismo no Campus de Ourense

O comité de avaliación decidiu outorgar bolsas capaces de afianzar traxectorias xa consolidadas, dar impulsos definitivos a outras en camiño e ata ofrecer unha valiosa oportunidade a un autor novel, valorando a diversidade e calidade das propostas.

Nesta liña, os creadores seleccionados foron a ourensá Arancha Nogueira, que viaxará a Croacia cun proxecto a cabalo entre o ensaio e a novela de autoficción; a poeta e actriz ourensá Iria Piñeiro, gañadora de dous Premios María Casares, que pasará a segunda quincena de xullo en Mojácar; o narrador e profesor de Xinzo de Limia Cándido Paniagua, que desenvolverá en Turquía o seu proxecto de novela; a mestra e escritora de Sobradelo (Xunqueira de Ambía) Rochi Nóvoa, que se afanará en Polonia nunha proposta de obradoiro de creación literaria orientado á rapazada e o novísimo poeta celanovés Alexandre Corbillón, de 18 anos, que terá a oportunidade de traballar dende Islandia no que será o seu segundo poemario.

Leer más:   Disfruta de la gastronomía de Ourense, una de las mejores de España

César Fernández valora a importancia de “levar adiante esta iniciativa, que busca poñer en valor a creatividade da nosa provincia”. O vicepresidente primeiro da Deputación reivindica a “potente aposta” do goberno provincial pola cultura, con iniciativas como esta, “unha oportunidade para que estes cinco creadores poidan levar adiante unha residencia literaria nun contexto diferente ó seu cotián”.

Segundo resalta Yolanda Castaño, os beneficiados das bolsas “poderán gozar de estadías creativas no estranxeiro tan capaces de contribuír á súa obra literaria como de incrementar os seus perfís internacionais, concentrándose dende contornos plenamente orientados á inspiración e o estímulo creativo nunhas condicións de excelencia”.

Unhas bolsas para impulsar o perfil internacional dos creadores ourensáns

Estas bolsas teñen como principal obxectivo fomentar a creación literaria e o perfil internacional dos autores da provincia. Para lograr este obxectivo, a Deputación de Ourense facilitará á estadía durante todo o mes de agosto os gañadores de esta adxudicación en distintos espazos rurais ó redor de Europa, nunha residencia xestionada pola Residencia Literaria 1863.

Leer más:   Rescate angustioso a un conductor que se quedó atrapado en su vehículo en Esgos

Segundo decidiu o comité de avaliación, na Fundación czAR(T) Krzywogonca-, situada no norte Polonia, estará Rochi Nóvoa e no suroeste de Islandia -Centro para a Creatividade Gullkistan-, poderá desfrutar da estadía literaria Alexandre Corbillón. Pola súa banda, Arancha Nogueira poderá desfrutar da Residencia Marko Marulic da Asociación Kurs, en Split- e Cándido Paniagua visitará a Casa dos Escritores de Nilüfer, situada en Turquía.

Cabe sinalar ademais que este proxecto ofrecerá tamén a Iria Piñeiro a oportunidade de desfrutar durante a segunda metade do mes de xullo dunha estadía de quince días na Fundación Valparaíso, nas aforas de Mojácar (Almería).

Estas bolsas, foron adxudicadas baixo o modelo de concorrencia competitiva a estes cinco creadores ourensáns, que achegaron unha memoria do proxecto que se quere desenvolver, un currículo, unha mostra dos traballos anteriores e unha carta de motivación.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación lidera as candidaturas dos xeodestinos Celanova-Xurés e Trevinca-Valdeorras para transformarse en Destinos Turísticos Intelixentes
Artículo siguienteA Deputación contribuirá á promoción de programas culturais, bolsas para estudantes do rural e investigación no Campus de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.