Inicio Destacado A Deputación acondicionará os accesos a tres núcleos de poboación e renovará...

A Deputación acondicionará os accesos a tres núcleos de poboación e renovará as beirarrúas da estrada provincial que atravesa Gomesende

Manuel Baltar comprometeu a execución destes proxectos durante o encontro que celebrou no Pazo Provincial coa alcaldesa, Pura Rodríguez, no marco dos contactos periódicos que manteñen para coñecer as principais necesidades do concello e as demandas da veciñanza

A rexedora puxo en valor o interese mostrado polo presidente do goberno provincial. A Deputación, “como administración máis próxima aos concellos sempre está aí cando necesitamos de apoio, facendo achegas que por pequenas que sexan son moi importantes para concellos como o noso”

Ourense, 26 de xuño de 2022.- A Deputación de Ourense acometerá a mellora dos accesos a tres núcleos de poboación do concello de Gomesende, así como a renovación das beirarrúas nun tramo da estrada provincial OU-212. Así o comprometeu o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, logo do encontro que mantivo no Pazo Provincial coa alcaldesa, Pura Rodríguez.

Leer más:   A Deputación patrocina a publicación da guía "Vía da Plata: Sevilla-Ourense-Santiago por el Camino Mozárabe"

Manuel Baltar enmarcou esta reunión nos contactos periódicos que mantén coa presidenta da corporación local de Gomesende, co obxectivo de coñecer as principais necesidades do concello e as demandas da veciñanza. Un interese que puxo en valor Pura Rodríguez, destacando a colaboración da Deputación “que como administración máis próxima aos concellos sempre está aí cando necesitamos de apoio, facendo achegas que por pequenas que sexan son moi importantes para concellos como o noso”

A alcaldesa explicou a Manuel Baltar a necesidade de realizar tres proxectos de acondicionamento de vías locais para mellorar os accesos aos núcleos de poboación de Viñal, As Carballeiras e Sobrado, obras que suporían un investimento de preto de 83.000 euros. Pura Rodríguez tamén solicitou ao presidente do goberno provincial a execución da segunda fase da renovación de beirarrúas na estrada provincial OU-212, ao seu paso por Gomesende, dado o deterioro no que se atopan as actuais. Unha obras que terían un custo aproximado de 48.000 euros.

Leer más:   Manuel Baltar lamenta na FEMP a "nula sensibilidade do Goberno para abordar os problemas dos nosos veciños e dos nosos concellos"

A rexedora tamén quixo destacar que Gomesende contará cun tractor de roza para a prevención de incendios forestais, grazas ao convenio asinado pola Deputación de Ourense –a única das catro deputacións galegas en facelo- coa Consellería de Medio Rural en materia de lumes. “Aínda temos outros proxectos en carteira para os que tamén esperamos contar co apoio do presidente”, dixo Pura Rodríguez, citando a rehabilitación da fonte dos Chaos, na parroquia de Poulo, “que con case medio século necesita dunha reconstrución completa”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación contribuirá á promoción de programas culturais, bolsas para estudantes do rural e investigación no Campus de Ourense
Artículo siguienteLuz Doporto asiste no pazo-museo de Otero Pedrayo á entrega do Premio Trasalba 2022 ao escrito, político e economista Carlos Mella
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.