Manuel Baltar, no Día do Afiliado de Novas Xeracións:

  • “Para seguir mellorando a calidade de vida dos galegos é necesaria unha boa canteira. Sen vós, este partido non é nada”.
  • O presidente provincial remarca que as Novas Xeracións de Galicia proporcionan ao PPdeG “un plus chave para construír as maiorías que a xente pide. Porque este non é un momento para a fragmentación”.

30, xullo, 2022

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Cenlle na clausura do Día de Afiliado de Novas Xeracións de Galicia. No peche deste acto, celebrado no Pazo de Toubes e no que tamén interviron o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, Manuel Baltar resaltou a importancia de reivindicar o “traballo da mocidade dentro desta organización, a que máis se parece a Galicia”.

O presidente provincial puxo en valor a importancia do Día do Afiliado: “É sumamente importante, e máis presidindo a Xunta de Galicia e o PPdeG alguén como Alfonso Rueda, que leva no seu currículum presidir Novas Xeracións de Galicia, e con Adrián Pardo, un referente galego e nacional na xestión desta organización xuvenil”.

Na súa intervención, Manuel Baltar incidiu no obxectivo final do PPdeG, “seguir mellorando a calidade de vida dos galegos”, para o que “é necesario unha boa canteira, como son as Novas Xeracións. Sen vos este partido non é nada, vos dades un plus chave para construír as maiorías que a xente pide, porque este non é un momento para a fragmentación”.

“Xuntos somos máis, e grazas o voso apoio hoxe estamos. Agora, queda menos dun ano para as eleccións municipais: sempre queremos gobernar co apoio da maioría, e co voso traballo gobernaremos en máis concellos”, reivindicou o presidente do PP de Ourense.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El Instituto IO Investigación señala a Isabel Díaz Ayuso como la líder política más visible en España

La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…

10 horas hace

Ourense en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Ourense: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

20 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense habrá más nubes que claros con tormentas y lluvia.…

1 día hace

El tiempo para hoy en Ourense, 1 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…

2 días hace

La Premier League imita a LaLiga e implementa control económico tras años de funcionar a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

3 días hace

El olivar se erige como un atractivo clave para el turismo rural en toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

3 días hace

Esta web usa cookies.