A Deputación concede 890.000 euros en axudas para iniciativas empresariais, deportivas e de cooperación cos concellos e entidades

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá partidas destinadas a un proxecto de EmprendOU e cooperar con 2 clubs ourensáns, 15 concellos e 7 asociacións, entidades ou fundacións. Ademais, resolveu o concurso público para as subvencións das Copas Deputacións deste ano, beneficiando a 37 federacións e clubs

Ourense, 1 de agosto de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de case 890.000 euros en axudas para respaldar un novo proxecto de EmprendOU e cooperar con 2 clubs ourensáns, 15 concellos e 7 asociacións, entidades ou fundacións. Ademais, resolveu o concurso público para as subvencións das Copas Deputacións deste ano, favorecendo a 37 federacións e clubs.

No comezo da reunión resolveuse o expediente número 43 do programa emprendOU, que financia proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais en situación de declive demográfico. A axuda aprobada hoxe, por un importe de 4.575 euros, refírese a actividades de comercio, alimentación e bebidas na Gudiña.

Polo que respecta ao ámbito deportivo, resolveuse o concurso público para a concesión de subvención para as Copas Deputacións do 2022 a 37 entidades pertencentes a 37 modalidades deportivas diferentes. O importe total das axudas que se distribúe é de case 90.000 euros. A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a unha achega de 21.000 euros para gastos de funcionamento da Unión Deportiva Ourense e de 15.000 euros ao Pabellón CF para o torneo Ourense, a Provincia Termal.

En partidas destinadas á colaboración cos concellos, esta mañá aprobáronse estas liñas de actuación: 47.550 euros para o Concello de Arnoia destinados á execución das obras de reforma da antiga escola para convertela nun albergue do Camiño Miñoto Ribeiro; o Concello de Cartelle recibirá dúas achegas de 47.990 euros e 48.000 euros para a execución de obras de mellora de camiños municipais e mellora da iluminación pública dende o Grupo Escolar a Seoane; Castrelo de Miño disporá de 70.000 euros para actuacións de cofinanciamento; Esgos disporá de 12.000 euros para actuacións culturais; o Concello de Irixo recibirá dúas achegas de 10.000 e 48.000 euros para o proxecto piloto de plantación de cereais autóctonos e a execución das obras de asfaltado de vías municipais; o Concello da Mezquita disporá de 17.600 euros para unha actuación arqueolóxica no castelo pequeno de Santigoso; Muíños recibirá 15.246 euros para a gravación dun videoclip de Antonio Luz e Xunqueira de Ambía, 25.000 euros para o Festival Camiñartes.

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a unha axuda de 24.861 euros ao Concello de Nogueira de Ramuín para executar obras de abastecemento en Requeixo e A Cancela-Armariz; 48.000 euros ao Concello de Padrenda para obras de reparación de muros no acceso a Coto da Mo; o Concello de Vilamarín recibirá 45.000 euros para executar obras de reconstrución dun muro e a A Veiga disporá de 80.000 euros para un parque infantil na área recreativa do Coiñedo. Ademais, Bande, Muíños, Lobios e Lobeira recibirán cada un deles unha achega de 9.000 euros para a apertura das Portas do Xurés nestes municipios.

En colaboración con entidades, aprobáronse tres achegas por un total de 20.000 euros á Asociación Cultural Rutas do Viño do Ribeiro, para accións de mellora do produto turístico da Ruta do Viño do Ribeiro, para actividades de comunicación e difusión e para o mantemento do sitio web e dinamización das redes sociais; unha achega de 24.000 para os gastos de funcionamento anual da Asociación de Concesionarios de Automóviles de Ourense (Acauto); e 22.000  euros para a actualización do rexistro vitivinícola do CRDO Ribeiro.

Ademais, a Federación Española de Asociacións de Enólogos recibirá 25.000 euros pola organización do concurso nacional de viños VinEspaña; a Fundación Ferias y Exposiciones de Ourense contará con tres achegas por un global de 62.000 euros pola organización de feiras e eventos; a Fundación Vicente Risco disporá de dúas partidas de 1.500 euros para o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e o de Literatura Fantástica. E aprobouse unha achega de 26.000 euros que irán destinados á IXP Castaña de Galicia para gastos de funcionamento.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

12 mins hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

39 mins hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

1 hora hace

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

12 horas hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

1 día hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

1 día hace

Esta web usa cookies.