A Festa Popular de Baltar reúne xogos populares, gastronomía e música nunha nova xornada de reivindicación da vida saudable

A XII edición desta festa, que conta coa colaboración da Deputación, arranca o sábado 6 de agosto ás 15,30 horas cun programa cheo de actividades, exhibicións e concertos, e na que se voltará a premiar aos asistentes que dean resultado negativo nas probas voluntarias de alcoholemia que se realizarán

Despois da súa reunión co alcalde de Baltar, Manuel Baltar remarcou a proposta ben diferenciada dunha festa que “reivindica a cultura popular, a cooperación transfronteiriza e a vida saudable”

Ourense, 1 de agosto de 2022.- Baltar celebra este sábado, 6 de agosto, a XII edición da súa Festa Popular, na que colabora a Deputación de Ourense e que volve cun programa con xogos tradicionais, música, gastronomía e actividades vencelladas coa concienciación sobre o medio ambiente e a saúde. “Esta é unha das festas referenciais do verán ourensán, cunha proposta singular e ben diferenciada, baseada na reivindicación da cultura popular, a cooperación transfronteiriza e a vida saudable”, destacou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, despois da súa reunión no Pazo Provincial co alcalde deste municipio, José Antonio Feijóo.

Manuel Baltar remarcou o “traballo exemplar” do rexedor e de todo o seu equipo de goberno, “sempre activos prantexando iniciativas como esta festa popular, que avanzan na construción dun concello dinámico e aberto aos veciños”.

Pola súa banda, o alcalde de Baltar explicou que esta festa quere “potenciar as nosas tradicións e gastronomía, fomentar a convivencia cos nosos irmáns portugueses e animar á xente a prol dunha vida saudable”, destacando que se premiará ás persoas que dean un resultado negativo de alcol nas probas voluntarias de alcoholemia que se realizarán. “Queremos que nosa xuventude, implicada ao máximo con esta festa, divírtase dun xeito san”, resumiu José Antonio Feijóo.

Programación da XII Festa Popular de Baltar

A XII Festa Popular de Baltar arrancará ás 15,30 horas do sábado 6 de agosto, cunha concentración de grupos folclóricos da zona -As Xeitosiñas, Banda de Gaitas do Concello de Baltar e a Escola de Acordeonistas de Baltar-. A partir de aí, unha tarde completa de actividades como campionatos de tute e brisca, exposición do concurso medioambiental de ideas infantís “Stop Incendios”, damas, axedrez, rá, futbolín, ping-pong, carreiras de sacos, tiro da corda por equipos, inchables, touro mecánico, unha festa da escuma ou unha exhibición de parapente.

No plano musical, a Festa Popular de Baltar contará coa actuación de Carmen Penim ás 22,00 horas. Antes, as 18,15 horas, exhibición de folclore portugués dos Cavaleiros da Concertina. E despois do concerto de Penín, será turno para unha discomóbil.

Dende a organización tamén resaltan que as 20,00 horas celebrarase unha merenda-cea coa degustación de produtos da terra. E de madrugada, unha chocolatada.

 

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Investigadores del Campus de Ourense están a cargo de un proyecto europeo para la conversión de residuos agroforestales

La iniciativa contará con un presupuesto de 1,3 millones y buscará productos para ser empleados…

2 horas hace

La nueva figura en la empresa para retener y atraer talento es el influencer corporativo oculto

Una de las principales preocupaciones y retos de las compañías, de todo tamaño y sector,…

5 horas hace

Marlons vende 150.000 esrek burgers y celebra récord de 50.000 hamburguesas semanales en Madrid

En tan solo dos años desde su inauguración, Marlons ha marcado un hito en la…

6 horas hace

Coxabengoa se adjudica un contrato de electrificación y mantenimiento por 53 millones de euros con Adif

Coxabengoa, a través de su división de transmisión, ha sido adjudicataria del contrato de servicio…

6 horas hace

Sostenibilidad urbana gana terreno en ciudades alrededor del mundo

En la era contemporánea, la sostenibilidad emerge como un pilar fundamental, tanto en el ámbito…

7 horas hace

La Fundación Jiménez Díaz recibe cinco veces menos reclamaciones de pacientes que la media de los hospitales madrileños

El Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz es, según el Monitor del Sistema Hospitalario de la…

7 horas hace

Esta web usa cookies.