A Deputación avanza novas liñas de colaboración co Concello de A Teixeira en servizos sociais e infraestruturas

Manuel Baltar e o alcalde deste municipio, Miguel Antonio Cid, examinaron novos proxectos de cooperación relativos á construción dunha residencia de maiores e a mellora dun tramo da OU-0606

Ourense, 8 de agosto de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de A Teixeira, Miguel Antonio Cid, para repasar o estado das actuacións desenvolvidas polo goberno provincial neste municipio e examinar novos proxectos de colaboración en materia de servizos sociais ou na mellora de infraestruturas viarias.

Neste encontro de traballo, Manuel Baltar atendeu ás propostas do alcalde, avanzando o apoio da administración provincial ao proxecto de construción dunha residencia de maiores en A Teixeira. Miguel Antonio Cid tamén prantexou como prioritaria a mellora dun tramo da OU-0606, que conecta Pedra de Sol e o núcleo de A Teixeira.

O presidente da Deputación enmarca esta reunión dentro das xuntanzas axendadas dun xeito periódico con este alcalde para coñecer de primeira man as necesidades e demandas do Concello e da súa veciñanza, resaltando o “bo traballo de Miguel Antonio Cid e do seu equipo, sempre activos na procura e execución de proxectos que melloren a calidade de vida dos veciños”.

Pola súa banda, o alcalde de A Teixeira quixo recoñecer a “receptividade do presidente e da Deputación” ante as necesidades dos concellos do rural: “Como administración máis próxima ao territorio, o goberno provincial sempre está aí blindando o seu apoio a proxectos que serían imposibles de realizar sen a súa colaboración”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

22 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

2 días hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

2 días hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

3 días hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

3 días hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

3 días hace

Esta web usa cookies.