Corenta coches antigos sairán de Xunqueira de Ambía na V ruta turística e gastronómica “Monasterios y Castillos”

A concentración de vehículos clásicos, que conta coa colaboración da Deputación, celebrarase o sábado 20 de agosto e tamén recorrerá espazos emblemáticos de Parada de Sil, Baños de Molgas, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo

Ourense, 8 de agosto de 2022.- O sábado 20 de agosto celebrarase a quinta edición da ruta turística e gastronómica de coches antigos “Monasterios y Castillos”, organizada polo Concello de Xunqueira de Ambía coa colaboración da Deputación de Ourense, e que tamén conta co apoio dos gobernos municipais de Parada de Sil, Baños de Molgas, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo, catro concellos polos que discorrerá este roteiro.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, e a técnica de Turismo do Concello, Beatriz Crespo, para repasar os detalles desta concentración de coches antigos -fabricados entre 1900 e 1969-, que suma xa case o 100% dos 40 inscritos -o custe é de 65 persoas por coche, para un máximo de dous persoas-.

O alcalde de Xunqueira de Ambía resalta o beneficio que xera esta concentración de vehículos no territorio, “dinamizando os concellos polos que pasa e beneficiando a todos os que se involucran na actividade”.

José Luis Gavilanes enmarca a ruta dentro da “intensa programación” que realiza o Concello de Xunqueira de Ambía ao longo dos meses de verán, “con fitos como a XXXIII edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga, con concertos de altísimo nivel en agosto e setembro na Colexiata de Santa María a Real”, os espectáculos enmarcados na Rede de Auditorios da Deputación de Ourense ou a iniciativa Sons do Verán, que tamén conta do apoio do goberno provincial, con “concertos de soul en directo cada venres de agosto ás 21,00 horas”. O rexedor tamén resalta o “gran éxito” de citas xa realizadas como “Camiñartes, o Encontro Intercultural Entre Camiños ou a serie de concertos de Música vs Espacios ‘Ars Combinatoria’, que afondan e reivindican a Xunqueira de Ambía coma a vila da música”.

Promoción, divulgación e fomento do interese cultural de Ourense

Con este roteiro turístico e gastronómico de coches antigos, os organizadores pretenden “promocionar, divulgar e fomentar o coñecemento e interese cultural e turístico do Camiño de Santiago e o patrimonio da provincia de Ourense”. Esta iniciativa, resaltan, quere “promocionar o noso destino co contacto do visitante coa beleza dos mosteiros e castelos, a unha velocidade de máximo 40 quilómetros por hora. Porque a esencia da nosa concentración é poñer en valor o noso patrimonio e gozar da nosa gastronomía”.

A saída da quinta edición da ruta turística e gastronómica de coches antigos “Monasterios y Castillos” está planificada para as 12,00 horas do sábado 20 de agosto en Xunqueira de Ambía. A partir de aí, está planificada a visita á igrexa de Santa Eufemia (12,15 horas), comida en Luíntra, mirador de Parada de Sil (17,00 horas), Xunqueira de Espadanedo (18,00 horas) e chegada a Xunqueira de Ambía (21,00), nunha noite con cena que inclúe concerto dun órgano antigo do século XVIII e do grupo Soul&Roll.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

12 horas hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

13 horas hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

13 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

24 horas hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

2 días hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

2 días hace

Esta web usa cookies.