Inicio Destacado A Deputación apoia a V edición do Festival Internacional de Curtas de...

A Deputación apoia a V edición do Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz

O Festival RIR celebrarase entre o 5 e o 10 de setembro cunha programación que inclúe a proxección das curtametraxes da sección oficial e a película de animación “Valentina” -patrocinada pola Deputación-, o estreo dunha obra de teatro ou actividades infantís

O vicepresidente segundo, César Fernández, resaltou na presentación do evento a implicación da Deputación con este festival, dentro da “potente aposta” do goberno provincial polo sector audiovisual galego

Ourense, 10 de agosto de 2022.- O Festival Internacional de Curtas de Comedias RIR chegará en setembro en Allariz a súa V edición, nun evento apoiado pola Deputación de Ourense e o Concello. A cita foi presentada esta mañá no Campo de Os Brancos (Allariz) coa presenza do vicepresidente segundo provincial, César Fernández, a alcaldesa, Cristina Cid, o edil de Cultura, Alberto Conde, e os membros da organización José Freiría, Óscar Doviso e Marina Romero.

Leer más:   A Deputación concede 397.000 euros en axudas para actividades de asociacións culturais, veciñais e deportivas

Na súa intervención, César Fernández recoñeceu o bo traballo dos organizadores e destacou a traxectoria dun festival xa consolidado na axenda cultural da provincia e cun rol dinamizador dentro dunha vila de referencia como é Allariz. O vicepresidente remarcou a implicación da Deputación con un “proxecto no que colaboramos dende a primeira edición”, dentro da “aposta do goberno provincial pola promoción do sector audiovisual galego, con apoios tan potentes como o patrocinio de películas e series ou o rescate e impulso do Festival de Cine”.

Programación da V edición do Festival RIR

O Festival RIR arranca o 5 de setembro. A partir de aí, os asistentes poderán ver en sucesivos días as curtametraxes en competición, divididos en tres bloques e procedentes de España, Francia, Belarús ou Arxentina. O xurado desta edición está composto pola “script” e montadora Alba Gallego, a actriz e presentadora Marta Doviro e o actor Fernando González.

Leer más:   Rosendo Fernández asiste á Festa do Porco ó Espeto

Ademais, a programación paralela de Rir, que este ano ten como festival amigo convidado ao Festival de Cine Fantástico de Lemos, inclúe o estreo da obra de teatro “Caldas e Mancho”, de Héctor Martínez e Marcos Vázquez; unha homenaxe ao recentemente falecido Pedro Brandariz; a proxección do filme “Valentina”, de Chelo Loureiro -patrocinado pola Deputación-; charlas literarias para presentar os novos libros de Rubén Méndez e Cristina Carro; mesas redondas; teatro infantil; un conto musical ou unha exposición de David Fernández Bueno -“Loiro”-. Por último, a gala de clausura celebrarase o sábado 10 de setembro, e nela se entregarán os galardóns desta edición e o premio Rir Contigo á actriz Isabel Risco.

Leer más:   La segunda edición de la Mobile Week Ourense combatirá la despoblación rural a través de la tecnología

Máis información sobre o festival en www.festivalrir.com


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl fuego de Laza (Orense) avanza y activa la alerta por proximidad al núcleo de As Taboazas, en Chandrexa
Artículo siguienteEl alcalde de Chandrexa señala que “no hay peligro por ahora” para las casas de As Taboazas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.