Inicio Destacado A Deputación patrocina o Torneo Clasificatorio para o Campionato de Europa de...

A Deputación patrocina o Torneo Clasificatorio para o Campionato de Europa de Seleccións Masculinas de Hockey Herba

A cita celebrarase do 17 ao 20 de agosto no campo de Mariñamansa e reunirá a España, Portugal, Polonia e República Checa

Ourense, 12 de agosto de 2022.- O campo de Mariñamansa, en Ourense, acollerá entre o 17 e o 20 de agosto o torneo clasificatorio para o Campionato de Europa de Seleccións Masculinas de Hockey Herba, unha competición na que España, Portugal, Polonia e República Checa buscarán a clasificación directa para a máxima competición continental por países. A cita está patrocinada pola Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e o Consello Municipal de Deportes.

O Preeuropeo de hockey foi presentado este mediodía en Mariñamansa, nun acto no que interveu o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o delegado provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; o presidente da Federación Galega de Hockey, Alberto Estévez; o seleccionador nacional, Max Caldas, e o internacional Quique González. Caldas e González encóntranse xa en Ourense xunto o resto do combinado español disputando o Torneo internacional preparatorio 4 Naciones, unha cita que lle sirve á selección como preparación para o Preeuropeo, e no que tamén participan Portugal, Polonia e Chile.

Leer más:   ¿Dónde son las preuvas en Ourense?

Bernardino González celebra que Ourense sexa a “sede dunha competición desta magnitude, convertida noutro atractivo para visitar Ourense” e encadra este Preeuropeo na axenda das probas nacionais e internacionais desenroladas nos últimos meses na provincia co apoio da Deputación de Ourense. “Fitos como a recente Coupe de la Jeunesse, este clasificatorio de hockey, o Campionato de España de Atletismo de pista cuberta, a fase final da Copa da Raíña de fútbol sala ou os torneos de ximnasia inciden en remarcar como a aposta do goberno provincial por potenciar o ecosistema deportivo de Ourense vai polo mellor camiño”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUnanimidad del Ayuntamiento de Verín (Ourense) para pedir la declaración de zona catastrófica por los incendios
Artículo siguienteEl incendio de Laza sigue activo con 2.100 hectáreas arrasadas, pero la Xunta mantiene que la evolución es buena
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.