O II Torneo Internacional Feminino Cidade de Ourense reúne co apoio da Deputación a destacadas tenistas da clasificación mundial

A fase final da competición presentouse esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández: “Un torneo froito da colaboración público-privada, que permite que os obxectivos se alcancen de forma máis eficiente”

Ata o domingo día 21 no Club Santo Domingo danse cita tenistas procedentes de vinte países e catro continentes, entre elas Arantxa Rus, procedente dos Países Baixos e que ocupa o posto 77 no ranking mundial; e a pontevedresa Jéssica Bouzas, a punto de entrar entre as 300 mellores xogadoras do mundo

Ourense, 16 de agosto de 2022.- O Club Santo Domingo acolle ata o próximo domingo, día 21, o II Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Ourense, que co apoio da Deputación reúne a destacadas deportistas da clasificación mundial, procedentes dunha vintena de países. A competición, que hoxe entra na súa fase final, foi presentada esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañado polo presidente da Federación Galega de Tenis como entidade organizadora, Xosé Mosquera, e o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez.

O apartado deportivo estivo representado polo director do torneo, Pablo Mosquera, e por dúas das tenistas máis importantes que participan nesta edición do Cidade de Ourense: Arantxa Rus, procedente dos Países Baixos e que ocupa o posto 77 no ranking mundial; e a pontevedresa Jéssica Bouzas, a punto de entrar entre as 300 mellores xogadoras do mundo. Con eles tamén asistiron á presentación o presidente do Club Santo Domingo, Luis González, xunto a Alfonso Junco, membro da directiva deste club ourensán.

“O deporte segue vivo no verán”, dixo Rosendo Fernández, e boa mostra delo “é este torneo internacional froito da colaboración público-privada, coa unión da Deputación, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, ademais de vinte empresas, que permite que os obxectivos se alcancen de forma máis eficiente”.

“O torneo non sería posible sen esa cooperación”, subliñou Xosé Mosquera a xeito de agradecemento, incluíndo ao Club Santo Domingo pola cesión das súas instalacións, “que teñen as condicións requiridas pola federación internacional para estas competicións”. Para Manuel Pérez, entre tanto, “é todo un orgullo que haxa outra vez en Ourense deporte de alto nivel e poidamos asistir a unha semana de espectáculo nunha disciplina moi competitiva”.

Puntuable para a clasificación mundial

Para Pablo Mosquera, logo da proxección alcanzada na primeira edición “este ano temos grandes realidades coa presenza de xogadoras do “Top 100″ procedentes de vinte países de catro continentes”. Puntuable para a clasificación mundial feminina, o torneo conta ademais coa participación de once xuíces de pista, tres deles internacionais. Unha gran oportunidade “para volver xogar en casa”, valorou a galega Jéssica Bouzas, e a primeira visita a Ourense “disposta a buscar a vitoria”, afirmou Arantxa Rus.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

1 día hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

2 días hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

3 días hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

3 días hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

3 días hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

3 días hace

Esta web usa cookies.