Primal Scream, Belle & Sebastian e Metronomy encabezarán o OUR FEST Xacobeo 2022

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, destacou na presentación da primeira edición deste festival, que se celebrará o sábado 17 de setembro, “a importancia de que Ourense forme parte da proxección internacional do Xacobeo 2022”

The Big Moon e Julián Maeso Big Band completan o cartel desta cita, que se celebrará en Expourense dentro dos actos do Xacobeo 21-22

Ourense, 16 de agosto de 2022.- Expourense acollerá o sábado 17 de setembro o OUR Fest Xacobeo 2022, cun cartel encabezado por Primal Scream, Belle & Sebastian e Metronomy, tres bandas internacionais de primeiro nivel e que acompañarán a The Big Moon e Julián Maeso Big Band, dentro da primeira edición dun festival promovido pola Xunta de Galicia, enmarcado nos actos do Xacobeo 21·22 e da iniciativa concertosdoxacobeo.gal,

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Expourense na presentación da primeira edición dun festival no que colabora o goberno provincial. Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta, Gabriel Alén; e por Jorge R. Mantiñán e David Jiménez-Zumalacárregui, director e promotor do festival.

Na súa intervención, Rosendo Fernández, salientou “a importancia de que Ourense entre a formar parte da proxección internacional do Xacobeo 21-22, cunha cita musical de primeiro nivel”.

“Bandas internacionais como as que presentamos hoxe, danos unha nova dimensión que promove diferentes músicas e nos achega público tamén de fóra de España”, celebrou o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén.

“A idea foi atraer a bandas cabezas de cartel doutros festivais como Primal Scream ou Belle & Sebastian, pero tamén a futuras promesas como The Big Moon”, resaltaron Jorge R Mantiñán e David Jiménez-Zumalacárregui.

Segundo explican os organizadores, OUR FEST converterá a Ourense no epicentro da música cun cartel que aúna a bandas consolidadas a nivel internacional, como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; e propostas punteiras a nivel nacional, como a de Julián Maeso Big Band que ofrecerá un concerto especial en formato big band. Os asistentes poderán gozar durante unha xornada moi completa de cinco concertos que se prolongarán ata a noite, e no recinto dispoñerán de barras e zona gastro con diversas ofertas de restauración.

Esta primeira edición de OUR FEST Xacobeo 2022 está enmarcada en concertosdoxacobeo.gal, unha iniciativa que oferta música en directo con máis de 100 eventos por toda Galicia que se desenvolven entre os meses de maio e novembro de 2022, con máis de 350 bandas e artistas nacionais e internacionais.

As entradas están xa á venda a través de www.ataquilla.com cun prezo especial de lanzamento de 30€ + gastos de xestión ata esgotar a cota. Máis adiante pasarán a custar 40€ (+ gastos de xestión)

 

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Ourense en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Ourense: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

10 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense habrá más nubes que claros con tormentas y lluvia.…

15 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 1 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…

2 días hace

La Premier League imita a LaLiga e implementa control económico tras años de funcionar a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

El olivar se erige como un atractivo clave para el turismo rural en toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

2 días hace

El rol crucial del auditor en los procesos de reestructuración empresarial

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

2 días hace

Esta web usa cookies.