Censuramos que o Concello de Ourense deixe fóra das axudas de comedor a 124 familias e solicitamos unha convocatoria extraordinaria

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CONSIDERA “INADMISIBLE” QUE 124 FAMILIAS QUEDEN SEN AXUDA PARA O COMEDOR ESCOLAR E ESIXE QUE O CONCELLO PUBLIQUE UNHA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

“É incomprensible que, na situación de crise económica a nivel global que vivimos, o concelleiro de Asuntos Sociais, Telmo Ucha, non teña altura de miras para estar onde lle corresponde: a carón das familias”

Reivindican a necesidade de devolverlle á cidade os proxectos e investimentos que precisa urxentemente en materia social cun goberno que deixe atrás os desprezos do alcalde Jácome

Ourense, 30 de agosto de 2022. O PSdeG-PSOE considera “inadmisible” que 124 familias ourensás queden sen axuda para o comedor escolar este curso 2022-2023 e esixe que o Concello de Ourense publique unha convocatoria extraordinaria de xeito urxente. As e os socialistas denuncian que o Concello deixase “centos de solicitudes” excluídas sen sequera gastar a partida asignada e solicitan a modificación das bases, que tachan de “innecesariamente restritivas e desfasadas” en relación ás circunstancias actuais.

“É incomprensible que, na situación de crise económica a nivel global que vivimos, o concelleiro delegado de Asuntos Sociais, Telmo Ucha, non teña altura de miras para estar onde lle corresponde: a carón das familias”, lamentan dende o grupo municipal socialista. “Queremos que o edil da área nos explique como xustifica que, nun contexto económico como o actual e ás portas de setembro, un mes de elevadísimos gastos para as familias que teñen cativos escolarizados, se deneguen centos de axudas malia haber remanente orzamentario”, insisten.

Así mesmo, tachan de “inaceptable” que se estean a rexeitar solicitudes nas que un dos requirimentos consiste en ter unha renda per cápita inferior a 3.700 euros anuais, motivo polo que se excluíron a meirande parte das solicitudes e que supón que toda familia que obteña máis de 308 euros ao mes queda automaticamente fóra.

Así as cousas, dende o grupo socialista reivindican a necesidade de devolverlle á cidade os proxectos e investimentos que necesita urxentemente en materia social cun novo goberno que deixe atrás os desprezos do alcalde Jácome, cuxas prioridades “non parecen ir máis aló da rúa Concordia” e a quen non lle importa “despilfarrar a mans cheas en staff mentres lles denega ás familias a axuda que precisan nestes tempos incertos”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Tendencias en moda nupcial, alta joyería y gastronomía: personalización y exclusividad al alza

El sector nupcial en España goza de buena salud y, prueba de ello, es que…

11 horas hace

LaLiga gana batalla legal por ElClásico contra Barça y Real Madrid

Real Madrid y Barça vuelven a tropezar en los tribunales en su lucha legal contra…

12 horas hace

Faltan 100 días para que comience la Louis Vuitton 37ª America’s Cup en Barcelona

Restan cien días para que comience la Louis Vuitton 37ª America's Cup. Los seis equipos…

14 horas hace

Estos son los vecinos de Ourense que serán reclutados en caso de que España entre en guerra

En un panorama donde la amenaza de guerra se siente más cercana en Europa, España…

15 horas hace

Los 5 trucos que harán que evites los niveles máximos de alergia en Ourense

Se disparan las alergias en Ourense: alerta por niveles máximos de polen A estas alturas…

18 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 14 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Ourense habrá cielos nubosos con lluvia. En…

23 horas hace

Esta web usa cookies.