A Deputación colaborará coa asociación Amigos da Cociña Galega en proxectos de internacionalización da gastronomía ourensá

Manuel Baltar recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao presidente e vicepresidente desta asociación, Javier Outomuro e Paco Gómez, avanzando novas liñas de colaboración. Valora positivamente “a continuidade da alianza que mantemos con este colectivo profesional, de referencia en Galicia”

O presidente de Amicogal expresou o seu agradecemento “polo apoio incondicional sempre que precisamos da colaboración da Deputación”. Destaca que a grazas a esta axuda “no 2023 imos poñer en valor a calidade dos produtos e da cociña ourensá”

Ourense, 1 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao presidente e vicepresidente de Amigos da Cociña Galega (Amicogal), Javier Outomuro e Paco Gómez, cos que concretou as liñas de colaboración que no 2023 manterán a institución provincial e maila asociación, que durante o próximo ano dedicará unha parte importante da súa actividade a proxectos de promoción da gastronomía ourensá.

Manuel Baltar valorou positivamente “a continuidade da alianza que desde a Deputación mantemos con este colectivo profesional”, destacando “o noso compromiso cunha asociación de referencia en Galicia e que ten entre os seus representantes a grandes restauradores ourensáns”. Nesta liña, o presidente do goberno provincial anticipou o apoio do goberno provincial “para colaborar no desenvolvemento de proxectos dirixidos á internacionalización da gastronomía da provincia”.

A cooperación neste ámbito, engadiu Manuel Baltar, resulta fundamental para Ourense “por tratarse do territorio galego mellor conectado coa capital de España grazas á alta velocidade, co impacto económico que supón”.

Javier Outomuro expresou en nome propio e de Amicogal o seu agradecemento a Manuel Baltar “polo seu apoio incondicional sempre que precisamos da colaboración da Deputación”. O colectivo que preside, declarou, ten como obxectivo fundamental “axudar ao conxunto da cociña galega, aos nosos produtores e ao produto galego en xeral”, puntualizando que grazas á cooperación do goberno provincial “no 2023 imos poñer en valor a calidade dos produtos e da cociña ourensá”.

 

 

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Rembrandt y Van Gogh en la muestra de Fundación Unicaja

Fundación Unicaja ha presentado en su centro cultural de Málaga la exposición ‘De Rafael a…

7 horas hace

Calladita, la película financiada con NFTs de Miguel Faus

‘Calladita’, el primer largometraje dirigido por Miguel Faus, se estrena este viernes en los cines…

7 horas hace

Más de 170 expositores en la feria del campo 4.0

La Feria del Campo 4.0, el nuevo salón dedicado a impulsar la innovación del sector…

8 horas hace

Chocomel dona más de 38.000 litros a los Bancos de Alimentos de Canarias

Chocomel, la marca de batido de chocolate de FrieslandCampina, ha realizado una donación de 38.537…

8 horas hace

Thyssen-Bornemisza y Quirónsalud con la Universidad Rey Juan Carlos descubren beneficios artísticos para la salud

Quirónsalud, la Universidad Rey Juan Carlos y el Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, han puesto en marcha…

9 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 15 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense estará muy nublado con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

24 horas hace

Esta web usa cookies.