Ourense, 14 de setembro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, acompañou esta mañá na Arnoia á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na supervisión do inicio das obras na OU-402, que será mellorada cunha inversión da Xunta de Galicia de 810.000 euros. Na visita tamén participaron, entre outros, o alcalde deste concello, Rodrigo Aparicio, e o delegado da Xunta, Gabriel Alén.
Esta actuación do goberno autonómico ten como obxectivo renovar e mellorar un treito de 1,6 km da estrada OU-402, incrementando a súa funcionalidade e mellorando a mobilidade dos veciños.
- Te recomendamos -