O grupo socialista no Parlamento lamenta que o PP vote en contra de que a Xunta conte cun servizo contra incendios profesional e equipado

O GRUPO SOCIALISTA LAMENTA O VOTO DO PP E CONTRA DUN SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS “ÚNICO, PROFESIONAL, ESTABLE, FORMADO, EQUIPADO” E DEPENDENTE DA XUNTA

Carmen Rodríguez sinala que este verán arderon 44.000 hectáreas mentres o goberno galego mantén uns recursos humanos e materiais escasos e é responsable dunha situación de “falla de coordinación, descontrol e colapso” dos dispositivos de extinción

Santiago de Compostela, 09 de setembro de 2022. A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, lamentou hoxe o voto en conta do PP á proposta socialista para implantar un servizo de prevención de incendios “único, profesional, estable, formado e equipado” baixo o mando único do goberno galego. A responsable socialista presentou esta iniciativa parlamentaria reclamándolle á Xunta “cambios de fondo na política forestal, agraria e medioambiental”.

Rodríguez Dacosta considera “moi grave” o rexeitamento desta iniciativa “á vista do sucedido” cos incendios forestais deste verán, nos que arderon 44.234 hectáreas recoñecidas pola Xunta, afectando a 4 dos 6 parques naturais de Galicia, e rexistrando os dous maiores incendios dende que hai rexistros históricos. Criticou a “irresponsabilidade altísima” do PP e do goberno galego por negarse en redondo a tomar medidas para evitar que a situación se repita.

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, no Parlamento de Galicia.

A responsable socialista alerta da situación de “descontrol, desastre e colapso”, segundo denuncian os propios efectivos, pola “falla de coordinación” no sistema de prevención de incendios responsabilidade da Xunta, que aprobou o Pladiga cunha “demora inxustificada”. Reivindicou un xiro na política forestal da Xunta “ante a insuficiente planificación e medidas preventivas, atacando as causas estruturais dos lumes forestais”.

Falla de medios

Criticou a “falla de medios humanos e materiais” para atallar a vaga de incendios e reclamou a “reformulación das brigadas municipais, contratadas de forma temporal, sen formación suficiente, sen xefes de brigada nin peóns suficientes e cunha coordinación deficiente por parte da Xunta”. Un persoal que a Xunta mantén en “precariedade extrema”, con brigadas “incompletas asumindo xornadas de máis de 12 horas” durante uns “absolutamente insuficientes” 6 meses ao ano.

A parlamentaria socialista levou ao Parlamento as demandas das organizacións sindicais, que reclaman a ampliación das funcións asociadas ao persoal, superando a limitación ao servizo de incendios forestais para incluír a súa competencia “dentro dun servizo de emerxencia no rural que permita a súa mobilización para calquera continxencia”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

18 mins hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

42 mins hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

1 hora hace

Un motorista sufre un atropello por un camionero que se dio a la fuga en Ourense

Un motorista herido tras ser atropellado por un camión en Ourense que huyo del lugar…

6 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 3 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia.…

11 horas hace

El Instituto IO Investigación señala a Isabel Díaz Ayuso como la líder política más visible en España

La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…

20 horas hace

Esta web usa cookies.