Os e as socialistas de Pereiro impulsan un plan de saneamento no río Lonia

O PSDEG-PSOE DE PEREIRO INSTA AO CONCELLO Á REDACCIÓN DUN PLAN DE SANEAMENTO DO RÍO LONIA QUE POÑA FIN AOS PROBLEMAS MEDIO AMBIENTAIS QUE SOFRE

Os e as socialistas piden un convenio cos concellos de Nogueira de Ramuín e Esgos e que se procuren acordos con outras administracións públicas competentes para conseguir financiamento

O voceiro do PSdeG, Jorge Gutiérrez, destaca que “o concello, como máximo responsable da depuración e saneamento das súas augas residuais, non pode ser alleo ao actual estado das augas no encoro de Cachamuiña e ás continuas denuncias presentadas”

Pereiro de Aguiar, 14 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar defenderá no vindeiro pleno municipal unha moción na que insta ao Concello a comprometerse a iniciar conversas cos concellos de Nogueira de Ramuín e Esgos, para a firma do correspondente convenio para a redacción dun plan conxunto de saneamento dos ríos Lonia e Grañal. Os e as socialistas explican que o obxectivo “é procurar financiamento para este proxecto con outras administracións públicas competentes na materia e dar solución aos graves problemas medio ambientais acaecidos nestes ríos”.

Dende o Grupo Municipal Socialista en Pereiro de Aguiar apuntan a que ao longo do caudal do río Lonia, así como dos seus afluentes, como é o caso do río do Grañal, “existe unha extensa rede de saneamento, e gran número de fosas sépticas e EDARs que producen vertidos de augas residuais no propio río e afluentes”. Os e as socialistas consideran que “é preciso actuar canto antes, cunha mellora e ampliación do tratamento de augas residuais actuais, estudando tamén o seu posible reemprego, tendo en conta as novas demandas, tanto poboacionais como medioambientais, así como a normativa vixente na materia”.

Para os e as socialistas, o incremento da poboación e número e volume de verteduras nos últimos anos “incrementou esta problemática no noso municipio”, motivo polo que consideran que a redacción, aprobación e execución deste plan “levaría consigo melloras na calidade das augas e no medio ambiente do ecosistema fluvial da conca do río Lonia”. Neste senso, tamén manifesta que “hai unha achega de cantidades excesivas de nutrientes e outras substancias contaminantes que chegan ao encoro de Cachamuíña, ao que se suman as altas temperaturas, a seca, a saturación de osíxeno ou o escaso volume de auga embalsada, provocando un crecemento excesivo do fitoplacton, principalmente cianobacterias, que tinguen as augas do encoro dunha cor típica verde-azulado fluorescente, as cales, poden producir acumulacións masivas de biomasa distribuída na superficie e producir un desequilibrio na estrutura trófica do ecosistema”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Pereiro de Aguiar, Jorge Gutiérrez González, explica que “correspóndelles aos concellos, en exclusividade, as competencias en materia de saneamento e depuración das augas residuais”. O edil socialista tamén apunta, non obstante, que a cooperación con outras administracións “é clave para poder levar a cabo un proxecto tan esencial para o futuro desenvolvemento do noso municipio”.

Gutiérrez González fai fincapé tamén na “necesidade imperiosa de actuar neste plan conxunto de saneamento dos ríos, posto que desta aprobación depende o futuro medioambiental, e turístico do noso municipio, ao estar atravesado por numerosos relatos e o Roteiro dos Muíños”. Neste senso, tamén destaca que as «augas do río Lonia están declaradas de especial protección ao existir unha captación para o abastecemento da cidade de Ourense, nos encoros de Castadón e Cachamuiña». “Os concellos non poden ser alleos a un problema medioambiental que se está agravando nos últimos anos polo incremento da poboación na zona e as consecuencias do cambio climático” sinala o voceiro socialista, que tamén afirma que “temos que actuar canto antes polo futuro dos nosos municipios e dos nosos fillos e fillas”.

Dende o PSOE de Pereiro lembran que dende o ano 2008 levan reclamando ao Concello un plan de saneamento integral do río Lonia, pero segundo explican “ata o de agora nada se fixo, polo que consideramos que esta moción non pode caer outra vez en saco roto e é urxente actuar con rapidez para darlle solución aos problemas ambientais do río Lonia e dos seus afluentes”.

Preguntas na sesión plenaria

Os e as socialistas tamén aproveitarán o pleno municipal para presentar unha batería de preguntas en relación ao río Lonia. Dende o PSdeG-PSOE de Pereiro centrarán o foco no número de expedientes sancionadores por infraccións en materia de verteduras, a situación de ditos expedientes, as multas pagadas nos últimos dous anos por este tipo de infraccións e os danos ambientais que se produciron e medidas para reparalos.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Ourense: Qué tiempo va a hacer en el puente de mayo

¿Cómo estará el tiempo en Ourense durante el próximo puente de mayo? Los expertos advierten…

3 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 28 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Ourense tendremos más nubes que claros con lloviznas generalizadas…

22 horas hace

Gonzalo Sánchez, PwC España: “Una banca sostenible es clave para el desarrollo y bienestar del país”

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

1 día hace

Equipos de la America’s Cup comienzan a mostrar innovaciones con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

1 día hace

Asempleo insta a un acuerdo amplio para disminuir los accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

1 día hace

Grupo Albia lidera como la funeraria más valorada en España según el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

1 día hace

Esta web usa cookies.