O Teatro Principal acolle a estrea nacional de “Arraianos”, a primeira adaptación escénica da obra de Méndez Ferrín a cargo da compañía Sarabela

O grupo ourensán representará esta próxima fin de semana, co patrocinio da Deputación, dous dos dez relatos que integran unha das obras fundamentais da literatura galega: Medias azuis e Lobosandaus.

O vicepresidente segundo da institución provincial, César Fernández, afirmou que esta produción ten todos os ingredientes para ser un éxito, “porque está feita en base a un texto dun escritor ourensán referente das letras galegas e unha compañía de referencia na nosa provincia e Galicia”

Ourense, 14 de setembro de 2022.- O Teatro Principal acollerá os próximos días 16, 17 e 18 a estrea nacional da obra Arraianos, de Xosé Lois Méndez Ferrín, nunha adaptación escénica realizada pola compañía Sarabela Teatro e patrocinada pola Deputación de Ourense. Esta nova produción do grupo ourensán foi presentada esta mañá no Principal coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; a xefa do servizo provincial de Coordinación Cultural da Xunta, Sandra Quintas; e a directora da compañía, Ánxeles Cuña.

César Fernández afirmou que esta obra ten todos os ingredientes para ser un éxito. Por unha banda, “porque está feita en base a un texto dun escritor ourensán, referente das letras galegas e unha desas figuras que poñen a Ourense nos máis altos lugares da literatura”. Ademais, engadiu, “tamén vai ser un éxito polo feito de que o nome do intelectual estea unido a Sarabela Teatro, compañía de referencia na nosa provincia e Galicia”.

Sandra Quintas, que tamén se sumou aos parabéns ao grupo teatral por este novo proxecto, indicou que “este é un exemplo máis da colaboración das administracións públicas no ámbito cultural, apoiando ás artes escénicas como elemento dinamizador de pobos, vilas e cidades”.

Ánxeles Cuña recoñeceu que Arraianos “é un dos retos máis difíciles e provocadores aos que se enfronta Sarabela desde a súa existencia pola tremenda capacidade fabuladora do seu autor”, adaptando unha obra fundamental na literatura galega de todos os tempos e dun escritor proposto varias veces para o premio Nobel de Literatura.

A directora explicou que esta é a primeira vez que se leva o texto a escena, desvelando que tamén se converterá proximamente nunha película. Para este proxecto, dixo Ánxeles Cuña, “escollimos dous dos dez relatos dos que consta esta obra de Méndez Ferrín, na que se relatan historias de fronteira, da “raia seca” entre Ourense e o norte de Portugal. As pezas seleccionadas son Medias azuis, onde se mesturan antigas lendas de meigas co mundo dos posuídos, e Lobosandaus, no que se fala de supersticións e mitos.

Esta nova produción de Sarabela, valorou Ánxeles Cuña, “é posible grazas a un elenco formidable, sólido e veterano no que figuran Fernando Dacosta -responsable tamén da adaptación-, Fina Calleja, Fran Lareu, Elena Seijo, Fernando González, Sabela Gago e Vadim Yukhneviche.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

20 horas hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 día hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 día hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

1 día hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

1 día hace

La policía de Suiza detiene a un hombre buscado por agredir con un arma blanca a un policía de Ourense y por tráfico de drogas

OURENSE, 3 (EUROPA PRESS) Un hombre que permanecía en busca y captura por tentativa de…

1 día hace

Esta web usa cookies.