A Deputación concede 372.000 euros en axudas para financiar quince iniciativas promovidas por concellos e entidades

Ourense, 19 de setembro de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de 372.000 euros en subvencións para financiar un total de quince iniciativas promovidas por concellos e entidades privadas.

No relativo ao ámbito municipal concedéronse nove achegas distribuídas do seguinte modo: 50.000 euros para o Plan Cultural 2022 do Concello de Baltar; 20.000 para información turística no Bolo; 6.000 para actividade cultural no Irixo; 9.000 euros con destino á apertura do centro de interpretación Portas do Xurés de Entrimo; e 30.000 para o acondicionamento da sede de Protección Civil de Maside. Os concellos de Lobios e Lobeira recibirán senllas subvencións con idéntica contía e finalidade: 10.000 euros cada un para as actividades do Xurés Experience. Por último, Leiro disporá de dúas axudas, unha por valor de 40.000 euros para o saneamento en Barzamedelle, e case 7.000 para un guía turístico.

No capítulo de subvencións para entidades, Aquae Querquennae-Vía Nova recibirá unha achega de 40.000 euros para a tempada de escavacións arqueolóxicas no campamento romano de Bande, así como outros 20.000 para gastos de funcionamento da entidade. O Consello da Cultura Galega disporá de 40.000 euros para financiar a exposición Alfonso X, El Sabio; a Fundación Laboral da Construción contará con 25.000 euros en concepto de axuda para o traslado de alumnado desde a cidade de Ourense ata o Centro de Formación de Vilamarín; Cruz Vermella recibirá 50.000 euros para gastos de funcionamento; e o colectivo cultural e deportivo A Vacariza 16.000 euros para a adquisición dunha carpa e mobiliario.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 8 de mayo de 2024

Hoy en Ourense tendremos nubes escasas. En cuanto a las temperaturas, oscilarán entre una máxima…

6 horas hace

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

18 horas hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

19 horas hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

19 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

1 día hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

2 días hace

Esta web usa cookies.