A área de migracións prosegue coa súa labor informativa ao colectivo de retornados

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CONTINÚA CUMPRINDO COA SÚA LABOR INFORMATIVA AO COLECTIVO DE EMIGRANTES RETORNADOS, QUE CADA VEZ REALIZAN MÁIS SOLICITUDES DE INFORMACIÓN

“Unha vez máis constatamos que unha boa información, documentada e contrastada, é a mellor arma contra bulos e datos erróneos”, destacan os e as socialistas

O PSdeG-PSOE de Ourense foi pioneiro en Galicia de informar o colectivo de retornados de Alemaña sobre a posibilidade de obter gratuitamente por parte da Facenda alemá un certificado en español dos impostos abonados alí

Ourense, 19 de setembro de 2022. A área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense realizou un traballo de campo presencial ao longo e ancho da provincia de orientación e información cara ao colectivo de emigrantes retornados. Tamén se atenderon durante todo o verán consultas e peticións do resto de Galicia e doutras comunidades autónomas, mesmo de persoas preocupadas en Francia, Alemaña e Suíza. “Unha vez máis constatamos que unha boa información, documentada e contrastada, é a mellor arma contra bulos e datos erróneos”, destacan os e as socialistas.

Desde o ano 2019 o PSdeG-PSOE de Ourense foi pioneiro en Galicia de informar o colectivo de retornados de Alemaña sobre a posibilidade de obter gratuitamente por parte da Facenda alemá un certificado en español dos impostos abonados alí, sendo absolutamente innecesario gastar diñeiro en tradutores xurados. Tamén se avisou por parte dos e das socialistas ourensáns da obrigatoriedade de enviar de oficio desde o ano 2019 a Alemaña unha fe de vida entre os meses de xaneiro e febreiro de cada ano aos organismos e entidades que abonan a pensión complementaria da empresa (Betriebs ou Firmenrente). Neste mesmo senso, tamén se divulgou que desde ese mesmo ano 2019 os emigrantes residentes en Alemaña teñen a obrigación fiscal de informar á Facenda xermana (Finanzamt) da existencia das súas contas bancarias en España.  Foron frecuentas as chamadas e correos estes últimos meses de persoas residentes en Alemaña que se queixaban de que o Finanzamt pedía explicacións sobre as súas contas no exterior.

Outra dos labores informativos por parte dos socialistas ourensáns foi explicar como optar ao pago a prazos anticipadamente do famoso imposto do 5 por cento a Alemaña, “sempre se a cantidade total a abonar é superior a 400 euros anuais e tamén se aclararon os casos de quen están exentos de tributar por ese imposto en Alemaña e como solicitar a liberación, ou se xa tributaron indebidamente por estar por baixo do límite exento (Grundfreibetrag), como recuperar ese diñeiro”, explica o secretario provincial da área de migracións, Luís Gulín.

Tamén destaca a información aportada aos retornados en xeral, neste caso os que cobran exclusivamente pensión estranxeira e ningunha española, como aplicar a sentenza do TEAC do ano 2021 que tal e como explica Gulín, “por fin, recoñece, que o que queda anualmente o organismo pagador estranxeiro da pensión para ter asistencia sanitaria en España, son gastos deducibles na declaración da renda”. Neste senso, o secretario provincial de migracións destaca que “moi poucos fixeron a rectificación da declaración da renda dos anos 2017 a 2019, instando á Axencia Tributaria recoñecer eses gastos no seu momento non declarados e corrixir a cota a pagar e devolver o que proceda”. Neste caso si hai que presentar unha tradución xurada da información fiscal que facilita a Seguridade social estranxeira.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

11 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

1 día hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

2 días hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

2 días hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

2 días hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

2 días hace

Esta web usa cookies.