As socialistas de Punxín estudan accións xudiciais contra o alcalde por irregularidades urbanísticas

O PSDEG-PSOE DE PUNXÍN ESTUDA ACCIÓNS XUDICIAIS ANTE O “PASOTISMO” E O SILENCIO CÓMPLICE DO ALCALDE TRAS COÑECER IRREGULARIDADES URBANÍSTICAS ENTRE PERSOAS AFÍNS AO PP

As concelleiras socialistas denuncian que a “inacción” do rexedor podería estar incorrendo no incumprimento dos deberes esixidos pola normativa urbanística e o procedemento administrativo

A voceira do PSdeG en Punxín, Lorena Peleteiro, afirma que “fai pouco tempo, observamos como o propio alcalde incumpría a normativa urbanística cunha reforma nunha das súas propiedades, sen asumir responsabilidade algunha por elo e agora tócalles aos seus acólitos”

Punxín, 21 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Punxín estuda a posibilidade de emprender accións xudiciais e pór en coñecemento da xustiza a actuación do alcalde do municipio, Manuel Vázquez Fernández, en materia urbanística. As e os socialistas denuncian que o “silencio” e a “inacción” do rexedor poderían estar incorrendo no incumprimento dos deberes esixidos pola normativa urbanística e o procedemento administrativo co único obxectivo de beneficiar a persoas afíns ao Partido Popular.

As concelleiras do Grupo Municipal Socialista de Punxín subliñan que esta decisión chega tras os “numerosos incumprimentos” do alcalde en materia urbanística e apuntan a que se “poden estar vulnerando os deberes esixidos pola normativa urbanística para beneficiar a persoas afíns as súas cores políticas”. Neste senso, as edís socialistas tamén explican que “parece que en Punxín hai veciños de primeira e de segunda e parecen que os de primeira teñen máis dereitos que o resto da veciñanza do municipio, só por pertencer a unhas cores políticas”.

A voceira do PSdeG-PSOE de Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, afirma que “fai pouco tempo, observamos como o propio alcalde incumpría a normativa urbanística cunha reforma nunha das súas propiedades, sen asumir responsabilidade algunha por elo”. A edil socialista tamén destaca que “agora tivemos constancia que afíns ao Partido Popular están seguindo o mesmo modus operandi do alcalde, aproveitando o seu silencio cómplice e o incumprimento dos seus deberes en materia urbanística, namentres este mira para outro lado para evitar tomar medidas ao respecto”.

Peleteiro Vázquez pon o foco en que esta forma de actuar “é impropia dun goberno democrático e vén a demostrar que coas eleccións municipais no horizonte, o alcalde trata de beneficiar os seus acólitos co único obxectivo de tratar de manterse na cadeira de mando e rascar uns votiños para apuntalar o seu poder”.

Dende o PSdeG-PSOE de Punxín explican que ante esta situación, os e as socialistas “non podemos seguir mirando cara outro lado, cando dende o equipo de goberno municipal se trata de forma diferente aos veciños e veciñas votantes e militantes do Partido Popular, que ao resto da veciñanza”. Tamén manifestan que “é inconcibible que o alcalde se salte a normativa e as obrigas do seu cargo para favorecer a certos veciños e veciñas en detrimento do resto”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 28 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Ourense tendremos más nubes que claros con lloviznas generalizadas…

4 horas hace

Gonzalo Sánchez, PwC España: “Una banca sostenible es clave para el desarrollo y bienestar del país”

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

11 horas hace

Equipos de la America’s Cup comienzan a mostrar innovaciones con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

11 horas hace

Asempleo insta a un acuerdo amplio para disminuir los accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

12 horas hace

Grupo Albia lidera como la funeraria más valorada en España según el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

12 horas hace

Holaluz enfrenta semana crucial con préstamos pendientes

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

20 horas hace

Esta web usa cookies.