Manuel Baltar define o Centro de Innovación da FP “Eduardo Barreiros” como “un espazo de vangarda para a comunidade educativa e o sector produtivo de Galicia”

O presidente da Deputación visitou esta mañá as instalacións do centro acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o conselleiro Román Rodríguez, representantes de empresas e centros das catro provincias galegas

Manuel Baltar lembrou que foi no Debate de estado da provincia do 2018 cando lanzou a proposta de acoller este centro: “Esta dotación non estaba ideada orixinalmente para Ourense, que hoxe xa é o territorio mellor conectado de Galicia e que dende logo merece esta infraestrutura. Isto é discriminación positiva, equilibrio territorial e vangarda”

Alfonso Rueda destacou o rol clave do goberno provincial neste proxecto, cofinanciado entre ambas administracións, e o definiu como un “centro imprescindible que xa está a dar froitos, permitindo poñer a disposición das empresas recursos humanos cualificados conforme as súas necesidades e reforzar a aposta pola innovación e o ánimo emprendedor nos centros”.

O presidente da Deputación e o presidente da Xunta puxeron en valor a figura de Eduardo Barreiros, que da o seu nome a este centro. “Un ourensán que significa formación, emprendemento e profesionalidade; por iso homenaxeamos ao pasado mirando con ambición ao futuro”, resaltou Manuel Baltar

Ourense, 21 de setembro de 2022.- Manuel Baltar visitou esta mañá en Ourense as instalacións do novo Centro Galego de Innovación da Formación Profesional “Eduardo Barreiros” acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Baltar, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; representantes de empresas e profesores e alumnos de centros da FP das catro provincias galegas.

Manuel Baltar amosou a súa completa satisfacción porque Ourense conte con este novo espazo, lembrando que foi no Debate de estado da provincia do 2018 cando lanzou a proposta de acoller en Ourense o Centro Galego de Innovación Profesional: “Esta dotación non estaba ideada orixinalmente para Ourense, que hoxe xa é o territorio mellor conectado de Galicia e que dende logo merece esta infraestrutura. Isto é discriminación positiva, equilibrio territorial e vangarda”.

O presidente da Deputación valorou este novo espazo dentro do polo de innovación de Ourense, con ferramentas como o “Parque Tecnolóxico de Galicia ou o Edificio Provincia Intelixente, situado a poucos metros de aquí e que xunto a Abanca puxemos a disposición das empresas con máis alto valor tecnolóxico da comunidade. Hoxe estamos vendo esta realidade”.

O Centro Galego de Innovación da Formación Profesional “Eduardo Barreiros” está cofinanciado pola Deputación e a Xunta de Galicia, cun montante de máis de 10 millóns de euros. “Este é un novo exemplo de cooperación entre administracións”, valorou Manuel Baltar, que agradeceu o compromiso amosado polo goberno autonómico antes de recoñecer o traballo de toda a comunidade educativa galega e reivindicar o aliñamento das administracións públicas co sector privado no decisivo impulso a este centro: “Dende o primeiro minuto mantivemos un contacto estreito coas empresas máis potentes de Galicia e con representantes dos colectivos empresariais que apoiaron con entusiasmo esta iniciativa. Entre todos traballamos para cristalizar este centro: a comunidade educativa e o tecido produtivo galego xa contan cun centro de referencia e vangarda”.

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia recoñeceu o impulso orixinal implementado pola Deputación de Ourense neste proxecto e toda a colaboración posterior que frutifica nun proxecto “imprescindible e que xa está a dar os seus froitos”. Alfonso Rueda tamén sinalou que “estas instalacións farán o posible por aproveitar todo o dinamismo da Formación Profesional e o seu contacto estreito coa realidade empresarial para a mellora da oferta educativa: “Permitirá poñer a disposición das empresas recursos humanos cualificados conforme as súas necesidades, promover e coordinar proxectos de innovación entre os centros de Formación Profesional; e reforzar a aposta pola innovación e o ánimo emprendedor nos centros”.

Recoñecemento á figura de Eduardo Barreiros

Manuel Baltar e Alfonso Rueda puxeron esta mañá en valor a figura do empresario ourensán Eduardo Barreiros (1919-1992), que pon o nome a este centro como recoñecemento á súa traxectoria profesional e humana. “Un ourensán que significa formación, emprendemento e profesionalidade, que foi quen no seu momento desde Galicia, mais concretamente desde unha aldea como Gundiás, en Nogueira de Ramuín, de industrializar España con esa factoría en Villaverde con máis de 50.000 empregos a finais dos 50 e primeiros 60”, destacou o presidente da Deputación de Ourense antes de sinalar que ao bautizar como Eduardo Barreiros a este centro, “rendemos homenaxe ao pasado pero miramos con ambición ao futuro”.

Percorrido polas dependencias do novo centro

Manuel Baltar, Alfonso Rueda e Román Rodríguez percorreron esta mañá as dependencias do centro acompañados por representantes de empresas e profesores e alumnos de centros da Formación Profesional das catro provincias galegas. Tamén participaron neste encontro, entrre outros, o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez; ou a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa.

Representantes do profesorado explicaron os detalles do novo centro, xa completado e equipado e que comezará gradualmente a súa actividade ata estar a pleno rendemento a comezos do 2023. O Centro Galego de Innovación da Formación Profesional vai focalizar a súa actividade en seis áreas específicas, dotadas do seu respectivo equipamento de primeiro nivel: industria 5.0, para profundar en robótica ou ciberseguridade; fabricación aditiva, como a impresión 3D; enerxía e sustentabilidade ambiental para traballar en hidróxeno verde, eólica ou biomasa; gastronomía multisensorial, tanto en degustación como en preparacións culinarias innovadoras; biotecnoloxía aplicada, na sanidade, no campo ou no medio ambiente; e experiencias de inmersión para mellorar a contorna de aprendizaxe con espazos interactivos.

 

 

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El Instituto IO Investigación señala a Isabel Díaz Ayuso como la líder política más visible en España

La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…

5 horas hace

Ourense en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Ourense: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

14 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense habrá más nubes que claros con tormentas y lluvia.…

19 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 1 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…

2 días hace

La Premier League imita a LaLiga e implementa control económico tras años de funcionar a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

El olivar se erige como un atractivo clave para el turismo rural en toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

2 días hace

Esta web usa cookies.