Proseguimos asesorando aos retornados e retornadas nas súas consultas

O PSDEG-PSOE DE OURENSE EXPLICA AOS RETORNADOS QUE EN CASO DE FALECEMENTO DEBEN INFORMAR A ENTIDADE PAGADORA DA PENSIÓN E ENVIAR O CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN

Dende a área de migracións do partido recibiron durante as últimas semanas varios correos e numerosas chamadas de retornados e retornadas de Alemaña realizando consultas neste senso

Luís Gulín, secretario de migracións do PSOE ourensán, subliña que “se a viúva ou viúvo ten dereito a unha pensión complementaria de viuvez hai que facer a solicitude correspondente e achegar a páxina do libro de familia onde consta a celebración do matrimonio”

Ourense, 24 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense informa que a área de migracións do partido recibiu durante as últimas semanas varios correos e numerosas chamadas de retornados e retornadas de Alemaña para realizar consultas sobre os trámites a realizar para dar de baixa a familiares falecidos que percibían unha pensión complementaria da empresa (Betriebs ou Firmenrente) a maiores da pensión oficial.

O secretario de migracións do PSOE ourensán, Luís Gulín, explica que “moitos de estes retornados entenden, por erro, que ao falecer a persoa titular da pensión oficial da seguridade social alemá, a propia seguridade comunica a outras entidades privadas a nova situación, algo que non acontece”.

Neste senso, dende a área de migracións aproveitan para lembrar que “hai que informar do falecemento da persoa en cuestión á entidade pagadora desa chamada pensión de empresa e enviar unha tradución xurada do certificado de defunción”. Gulín subliña que “se a viúva ou viúvo ten dereito a unha pensión complementaria de viuvez hai que facer a solicitude correspondente e achegar a páxina do libro de familia onde consta a celebración do matrimonio” e engade que “esa páxina fotocopiada debe ir tamén acompañada da tradución xurada correspondente”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén aproveitan para lembrar que as cantidades percibidas por erro desde o falecemento “hai que devolvelas á entidade aseguradora”. Lembran, unha vez máis, que se a persoa falecida percibiu ara o día da defunción máis de 14.000 euros de ingresos por pensión estranxeira ou por dúas pensións, “os herdeiros están obrigados o próximo ano a presentar a declaración da renda”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 28 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Ourense tendremos más nubes que claros con lloviznas generalizadas…

16 horas hace

Gonzalo Sánchez, PwC España: “Una banca sostenible es clave para el desarrollo y bienestar del país”

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

23 horas hace

Equipos de la America’s Cup comienzan a mostrar innovaciones con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

23 horas hace

Asempleo insta a un acuerdo amplio para disminuir los accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

24 horas hace

Grupo Albia lidera como la funeraria más valorada en España según el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

1 día hace

Holaluz enfrenta semana crucial con préstamos pendientes

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

1 día hace

Esta web usa cookies.