Ourense, 1 de outubro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá dunha nova edición da andaina cultural “Camiño Nós”, un roteiro organizado pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinado pola Deputación de Ourense, cuxo fin é poñer en valor a cultura tradicional dos camiños. Na andaina participaron, entre outros, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, o delegado da Xunta, Gabriel Alén, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar.
O punto de partida escollido para este ano situouse no Carballiño, no inmoble da rúa Tomás María Mosquera que acolleu o xa desaparecido Hotel Carlos, onde o 8 de xullo de 1926 pernoitaron os cinco persoeiros da Xeración Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo. Ás 11.00 horas, minutos antes do inicio da ruta, descubriuse neste punto unha placa conmemorativa sobre o “Camiño de Nós”.
Os participantes na andaina fixeron un percorrido por Ponte Veiga, A Costiña, Barro, o pazo e maila igrexa de Madarnás, A Esgueva e ponte do Eixán, para rematar na Insua dos Poetas.
En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…
Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…
Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…
En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…
El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…
'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…
Esta web usa cookies.