Dos xeriátricos de hoxe aos fogares de mañá: cara a un futuro optimista

VERGELES PRESENTA EN OURENSE UN NOVO MODELO RESIDENCIAL QUE IMPULSA A AUTONOMÍA DAS PERSOAS DE IDADE: “APOSTAMOS POR QUE POIDAN VIVIR O MÁXIMO TEMPO POSIBLE NA SÚA CASA”

O conselleiro de Sanidade e Asuntos Sociais da Junta de Extremadura participou como poñente nun acto dos socialistas baixo o título ‘Dos xeriátricos de hoxe aos fogares de mañá: cara a un futuro optimista’

Villarino subliñou que esta proposta “potencia o apoio integral e avanzado na contorna natural das persoas de máis idade e articúlase en distintos niveles de proximidade”, motivo polo que a “aplaudimos”

Ourense, 7 de outubro de 2022. O vicepresidente segundo e conselleiro de Sanidade e Asuntos Sociais da Junta de Extremadura, José María Vergeles, participou este serán nun acto organizado pola secretaría provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, no que presentou un novo modelo residencial para que “as persoas de idade poidan vivir o máximo tempo posible nas súas casas”. A conferencia do socialista estremeño, baixo o título ‘Dos xeriátricos de hoxe aos fogares de mañá: cara a un futuro optimista’, conducida pola concelleira Rosa Martínez, contou coa intervención da secretaria provincial de Servizos Sociais, Marina Ortega, e do secretario provincial, Rafa Villarino.

Rosa Martínez, Rafa Villarino, José María Vergeles e Marina Ortega.

Vergeles subliñou, durante o seu relatorio, a necesidade de avanzar cara a un novo modelo no que conflúan a coordinación sanitaria e social para abordar a dependencia xunto coa autonomía persoal. Neste sentido, sinalou que a Junta de Extremadura xa está desenvolvendo melloras na axuda a domicilio e implantando a teleasistencia avanzada, a telelocalización e o seguimento estreito e monitorizado dentro do domicilio.

“En Extremadura vaise aprobar unha estratexia para previr a fraxilidade nas persoas maiores e fomentar a súa autonomía”, adiantou Vergeles, quen engadiu que crearán “a figura do asistente persoal, apostando polos servizos de centros de día e polas vivendas tuteladas, de tal maneira que os centros residenciais vaian destinados unicamente ás persoas que realmente necesitan da institucionalización”.

Este modelo en tres niveles contempla centros residenciais de pequeno tamaño, localizados no propio municipio, centrados na convivencia e en proporcionar instrumentos para que as persoas poidan solucionar as súas dificultades e seguir vivindo nos seus domicilios. Nun segundo nivel, aposta por centros de referencia comarcal, dentro do concepto de residencia sociosanitaria, en coordinación coa atención primaria; e por último, un terceiro chanzo de centros de convalecencia e coidados continuados, nos que as persoas recuperadas poderán abandonar as unidades e pasar á parte residencial ou iren de volta para os seus domicilios.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, subliñou que esta proposta, que xa é unha realidade en Extremadura, “potencia o apoio integral e avanzado na contorna natural das persoas de máis idade e articúlase en distintos niveles de proximidade”. Neste senso, o líder dos socialistas ourensáns tamén manifestou que “aplaudimos esta proposta, no só polo axuste, vangardismo e visión integradora tanto no propio medio como entre os sistemas sociais e sanitarios, senón, tamén, pola perspectiva humanista que a sostén”. O voceiro municipal e provincial do PSOE fixo fincapé en que co modelo de Vergeles “é posible avanzar cara os nosos fogares do futuro, si que é a idade nos permite ter esa fortuna, dende unha perspectiva optimista sobre a vida”.

Villarino quixo destacar que nunha provincia como Ourense, “das máis envellecidas de España, Europa e atreveríame a dicir que do mundo, é unha honra coñecer da man experta do vicepresidente segundo da Xunta de Extremadura, o novo modelo que puxo en marcha para atender as persoas de máis idade na súa terra”. O secretario provincial tamén quixo agradecer que “nos fagan partícipes da súa visión sobre a atención a aqueles que superan a idade de xubilación” e afirmou que “ogallá Ourense tamén poida ser, en breve, partícipe dela”.

Pola súa banda, a secretaria provincial de Servizos Sociais, Marina Ortega, fixo fincapé en que “é obrigatorio devolverlle a dignidade a unha xeración que se deixou a pel en loitar polos dereitos dos que hoxe gozamos cando era perigoso facelo”.

“É de xustiza devolverlle a honra, non só porque esta xeración fose extraordinaria, senón porque vivimos nunha das comunidades autónomas máis envellecidas de España, na que xa existen máis pensionistas que cotizantes”, insistiu a socialista, ao tempo que fixo un chamamento á empatía, lembrando que “independentemente da idade que teñamos hoxe, tarde ou cedo seremos persoas maiores e potencialmente dependentes”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

11 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

1 día hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

2 días hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

2 días hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

2 días hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

2 días hace

Esta web usa cookies.