Inicio Destacado Condenamos a explotación sexual e a trata de persoas

Condenamos a explotación sexual e a trata de persoas

A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE E AS XUVENTUDES SOCIALISTAS ÚNENSE PARA MANIFESTAR O SEU COMPROMISO COA ERRADICACIÓN DA EXPLOTACIÓN SEXUAL NO DÍA DA TRATA

A secretaria xeral de XSO, Alba Iglesias, e Concepción García Lozano, secretaria de igualdade da CEM de Ourense realizan a lectura do manifesto socialista cos piares abolicionistas

Os e as socialistas de Ourense realizarán unhas xornadas sobre o “Abolicionismo da prostitución” que contará con participación da deputada no Congreso, Laura Berja, o vindeiro mes de outubro

Ourense, 23 de setembro de 2022. A CEM dos socialistas de Ourense e as Xuventudes Socialistas de Ourense únense para manifestar o seu compromiso para erradicar e perseguir a explotación sexual e a prostitución no “Día internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas”.

Leer más:   Celebramos os pasos dados polo Goberno central para devolver a salubridade ao encoro das Conchas

A secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Alba Iglesias, sinala a urxencia que ten para o PSOE facer fronte á “impunidade que existe ante o lucro da prostitución de mulleres e que aborde o proxenetismo coa contundencia que require”. “O PSOE é un partido con principios sólidos e raíces firmes que se sosteñen nas ideas de igualdade e liberdade. Ante un problema coma este, os e as socialistas imos levantar a mirada e ser valentes” sinala.

Os socialistas manifestan que o proxenetismo e a explotación sexual afecta directamente aos dereitos de igualdade, liberdade e dignidade das mulleres. Trátase da forma máis cruel de consumo. A liberdade e a igualdade é incompatible coa prostitución e a trata

Sen prostitución non hai trata

Leer más:   Detenida en Ourense una fugitiva buscada por blanqueo de capitales en Colombia

Pola súa banda, Concepción García Lozano, secretaria de igualdade da CEM do PSdeG-PSOE de Ourense pon en relevancia o marco legal efectivo que se está a impulsar contra a trata no goberno de España orientado á “abolición da prostitución” e que articule unha resposta integral para as mulleres que foron vítimas desta escravitude.

Neste senso os socialistas de Ourense realizarán unhas xornadas sobre o “Abolicionismo da prostitución” que contará con participación da deputada no Congreso, Laura Berja, o vindeiro mes de outubro.

O goberno contra a trata

O pasado mes de xaneiro, o Goberno de España presentou o Plan Estratéxico Nacional contra a Trata e a Explotación de Seres humanos 2021 que se articula sobre cinco prioridades: a detección e prevención da trata, protexer e asistir ás vítimas, perseguir os delitos, cooperación e coordinación entre administracións e sociedade civil, e mellora do coñecemento.

Leer más:   Logramos o apoio unánime do pleno para dedicarlle unha rúa de Ourense ao alcalde represaliado, Manuel Suárez Castro

O Goberno de España ten previsto aprobar nos próximos meses o Anteproxecto de Lei Integral contra a Trata.

Na actualidade, atópase en tramitación a Proposición de Lei do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso para atallar todas as formas do proxenetismo. Esta lei tamén inclúe sancións aos que recorran a prostituír a outras persoas e nunca ás súas vítimas da prostitución.

Para o PSOE é urxente facer fronte á impunidade que existe ante o lucro da prostitución de mulleres e que aborde o proxenetismo coa contundencia que se require.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaltar empobrece e crea desigualdades en Ourense cun reparto de fondos caciquil e a dedo
Artículo siguientePrevisión del tiempo para Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.