Os e as socialistas acusan ao PP de deixar a un veciño sen auga pública por mor dunha «cacicada» do alcalde

O PSDEG-PSOE DE CENLLE DENUNCIA QUE O PP DEIXA SEN AUGA PÚBLICA UNHA CASA EN NAZARA, NUNHA “GRAVE NEGLIXENCIA” E ACUSAN AO ALCALDE DE “NON COÑECER O TERRITORIO”

Os e as socialistas explican que o veciño en cuestión “é un histórico concelleiro do PSOE” e que segundo explican “xa foi discriminado anteriormente, ao non terse en conta esta casa para a instalación da rede de sumidoiros, sendo a única casa a día de hoxe sen conexión”

O voceiro do PSdeG, José Rodríguez Veloso, cualifica estas decisións e discriminacións como unha “cacicada” e esíxelle ao goberno municipal que “busque solucións inmediatas para este veciño de Nazara”

Cenlle, 7 de outubro de 2022. O PSdeG-PSOE de Cenlle denuncia que o grupo de goberno do Partido Popular, encabezado polo alcalde, José Manuel Rodríguez Lamas, deixa sen auga pública a casa dun veciño do núcleo de poboación de Nazara, ao non ter en conta no proxecto para a construción dun novo punto de captación e abastecemento de auga a presencia desta casa. Os e as socialistas amósanse “moi críticos” co que consideran unha “grave neglixencia” e acusan ao alcalde de “non coñecer o seu propio municipio”.

Dende o Grupo Municipal Socialista explican que no pleno de onte lle preguntaron ao alcalde cales eran os motivos polos que esta casa quedase fora da nova rede de captación. Para sorpresa e asombro dos e das socialistas, o rexedor respondeu que “descoñecía a presencia desta casa nesta zona do núcleo de Nafara”. Unha circunstancia que para os e as socialistas “vén a demostrar que o rexedor é alleo as circunstancias, problemas e realidades que vive a veciñanza de Cenlle”.

Os e as socialistas creen que esta decisión do rexedor está motivada por “represalias”, xa que o veciño en cuestión “é un histórico concelleiro do PSdeG-PSOE de Cenlle”, e segundo explican “xa denunciou no seu día ao consistorio, despois de que lle construísen unha fosa séptica ás portas da casa”. Un xuízo que o veciño gañou e que obrigou ao Concello de Cenlle a retirar a fosa séptica, motivo polo que entendemos que “o alcalde sabe de sobra que nesa zona hai unha vivenda e que o feito de non tela en conta na captación, só demostra que se intenta represaliar a este veciño pola súa denuncia no seu momento”.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE de Cenlle, José Rodríguez Veloso, esta forma de actuar do rexedor con respecto a este veciño do municipio “non é nova”, xa que tal e como apunta “cando se realizaron as obras de instalación da rede de sumidoiros en Nafra, este veciño tamén quedou sen conexión, causándolle un grave prexuízo”. O edil socialista cualifica estas decisións e discriminacións como unha “cacicada” e esíxelle ao goberno municipal que “proceda a solucionar tanto o problema da conexión ao abastecemento de auga, como a da rede de sumidoiros, na maior brevidade posible”.

Rodríguez Veloso tamén destaca que a resposta do rexedor no pleno municipal “non o deixa en bo lugar”, xa que segundo relata “pon de manifesto o pouco que o alcalde coñece o noso concello” e preguntase se “o problema é que non coñece o concello, ou se hai algún outro motivo polo que toma este tipo de decisións para prexudicar a un veciño en concreto pola cor política a que pertence?”. O concelleiro socialista tamén afirma que “é asombroso como responde o alcalde nos plenos” e esíxelle “seriedade”, xa que tal e como lle lembran “foi elixido para representar a todos e todas os veciños e veciñas do municipio, sen importar a súa cor política”.    

O PSOE de Cenlle destaca que “é inadmisible que antes de redactar e executar un proxecto, non haxa unha valoración do terreo e a zona, para que non se produzan situacións como a desta casa, discriminada polas neglixencias e a inoperancia do goberno municipal”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Gonzalo Sánchez, PwC España: “Una banca sostenible es clave para el desarrollo y bienestar del país”

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

8 horas hace

Equipos de la America’s Cup comienzan a mostrar innovaciones con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

8 horas hace

Asempleo insta a un acuerdo amplio para disminuir los accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

8 horas hace

Grupo Albia lidera como la funeraria más valorada en España según el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

9 horas hace

Holaluz enfrenta semana crucial con préstamos pendientes

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

16 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 27 de abril de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Por lo…

1 día hace

Esta web usa cookies.