A Deputación concede 628.000 euros en axudas a 15 concellos e asociacións para infraestruturas, iniciativas sociais, deporte e cultura

A cooperación coas entidades locais é o capítulo que reúne a maior contía das achegas, con preto de 452.000 euros

Ourense, 10 de outubro de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta maña no Pazo Provincial baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de máis de 628.000 euros en subvencións con destino a 15 concellos e entidades da provincia para financiar proxectos en infraestruturas e iniciativas sociais, culturais e deportivas.

A cooperación coas entidades locais é o capítulo que reúne a maior contía das achegas, con preto de 452.000 euros. En detalle, na orde do día figuraba unha subvención de 200.000 euros a favor de Barbadás para a rexeneración do firme na avenida de Celanova, na Valenzá; 5.000 euros para o Concello do Barco de Valdeorras polo Campionato de Atletismo deste ano; e máis de 3.000 euros para actuacións na área de autocaravanas e o circuíto de orientación deportiva de Cenlle.

Tamén foi aprobada unha achega de case 38.500 euros para a rehabilitación do forno Espasa en Chandrexa de Queixa; 48.000 euros para abastecemento, saneamento e reposición do firme ata o depósito en Cimadevila (Laza); 30.000 para o asfaltado de vías municipais en Parada de Sil; idéntica cantidade para o equipamento de vivendas sociais na Peroxa; 48.000 euros para o arranxo de pistas de pádel en Verín; e 49.000 para a escultura Limuhe, A Dama da Lagoa en Xinzo de Limia.

Polo que se refire á colaboración coas entidades, a Xunta de Goberno concedeu 24.000 euros ao Consello Regulador do Ribeiro para un plan de promoción da denominación de orixe; 5.000 á Sociedade Filarmónica Solpor para gastos de funcionamento; 70.000 á Real Federación Galega de Fútbol, na súa delegación en Ourense, para a Copa Fútbol e Fútbol Sala. A Fundación para a protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín contará con 48.000 euros para dotacións do novo centro de atención; o Club Deportivo Arenteiro recibirá 22.500 euros para gastos de funcionamento; e coa mesma finalidade a asociación cultural FETEGA disporá de 7.000 euros.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

21 mins hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

1 hora hace

Un motorista sufre un atropello por un camionero que se dio a la fuga en Ourense

Un motorista herido tras ser atropellado por un camión en Ourense que huyo del lugar…

6 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 3 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia.…

10 horas hace

El Instituto IO Investigación señala a Isabel Díaz Ayuso como la líder política más visible en España

La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…

19 horas hace

Ourense en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Ourense: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

1 día hace

Esta web usa cookies.