Inicio Destacado Cenlle contará co apoio da Deputación para proxectos de infraestruturas, servizos e...

Cenlle contará co apoio da Deputación para proxectos de infraestruturas, servizos e a ampliación da área termal

Manuel Baltar visitou a aula Cemit -que conta con financiación do goberno provincial- e reuniuse co alcalde, José Manuel Rodríguez, garantíndolle a máxima implicación: “Cenlle seguirá contando cun aliado fundamental para o seu desenvolvemento como é a Deputación”

Con cargo á modificación de créditos que se aprobará no pleno ordinario de abril, a Deputación cooperará no abastecemento e saneamento de Trasariz; na axuda para o bombeo en alta de Razamonde-San Trocado; e axudará na expropiación de terreos para ampliar a área termal

Cenlle, 22 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizou hoxe unha visita institucional a Cenlle, onde visitou a aula do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Cemit) -proxecto que conta con apoio do goberno provincial- e mantivo unha reunión de traballo co alcalde, José Manuel Rodríguez, para analizar as liñas de colaboración actuais e futuras entre ambas administracións en materia de infraestruturas, servizos e maila ampliación da área termal do municipio. Un encontro que, segundo afirmou Manuel Baltar, garante a Cenlle “que seguirá contando cun aliado fundamental para o seu desenvolvemento como é a Deputación de Ourense”.

Leer más:   César Fernández participa na entrega de premios da XXIV Concentración de Escolas de Vela e da Copa Deputación de clase optimist

Acompañado por César Fernández, vicepresidente da institución provincial e delegado para asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, Manuel Baltar asegurou que “a Deputación seguirá colaborando en proxectos de infraestruturas, culturais, turísticos e dinamizadores do medio rural, tanto no presente como no futuro”, cualificando a este municipio como “unha das mellores postais da provincia, por natureza, recursos endóxenos como o viño e termalismo”.

Trala sinatura do presidente provincial no libro de honra do Concello, o alcalde, José Manuel Rodríguez, agradeceu a visita de Manuel Baltar a Cenlle, así como a súa disposición a participar nos proxectos que lle formulan: “Contamos como sempre coa súa colaboración”, dixo.

Proxectos con apoio da Deputación en Cenlle

Leer más:   O Pazo dos Deportes reunirá este fin de semana a máis de 500 deportistas no Campionato de España de Trampolín

Na actualidade, a Deputación de Ourense está a colaborar co Concello de Cenlle na aula do Cemit; nas obras da estrada que une Cuñas con San Lorenzo da Pena, pertencentes ao plan provincial do pasado ano; e noutro proxecto de saneamento dun pobo de Cenlle.

Ademais, e con cargo á modificación de créditos que se aprobará no pleno ordinario do mes de abril, a Deputación cooperará no abastecemento e saneamento de Trasariz; concederá unha axuda para o bombeo en alta de Razamonde-San Trocado, do que participan ademais de Cenlle os municipios de Punxín e San Amaro; e tamén axudará á expropiación de terreos para ampliar a área termal deste municipio do Ribeiro.

Leer más:   O Pacto Social de AquaOurense presenta iniciativas concretas para mellorar a inclusión, a accesibilidade e o emprego na provincia

- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar reúnese co alcalde de Esgos
Artículo siguienteO presidente da Deputación reúnese co alcalde do Bolo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.